Actividades arredor do día da República 09 Grupo de traballo:Actividades arredor do DÍA DA REPÚBLICA 2009
1. 26 de marzo. Nota de prensa ou Roda de prensa, anunciando a distinción de “Republicana de Honra” e a programación arredor do Día da República.
2. 27 marzo, venres, ás 10,30: Distribución do folleto e cartel informativo nos Castros: “Quen era o xeneral Sanjurjo?” 3. 31 de marzo. Divulgación do “Parte de Paz” (en papel e audio), conmemorando a derrota do exército sublevado, 70 anos despois, concretada esa derrota na eliminación da simboloxía franquista: 1 de abril de 1939-1 de abril de 2009. Pegada simbólica ás 10,30 horas. Nota de prensa o día 30.
4. 2 de abril, xoves, ás 20 horas,na Casa Museo Casares Quiroga: Presentación do libro A fuxida do Portiño. Historia, memoria e vítimas, con asistencia dos autores- Dionisio Pereira, Eliseo Fernández e Carlos Velasco - da concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, de Afonso Eiré da editorial A Nosa Terra e de Fernando Souto , da Comisión pola Recuperación da memoria Histórica da Coruña.
5. 15 de abril, ás 13 horas: Visita institucional ao palacio municipal de María Pita, de María Teresa Alvajar, Xunta Directiva e grupo de traballo da CRMH.
6. 18 de abril, sábado, ás 21,30 horas no hotel María Pita: Cea da República e entrega a María Teresa Alvajar da distinción “Republicana de Honra”, que entrega anualmente a CRMH da Coruña. Confirmar asistencia, antes do 16 de abril, facendo o ingreso de 24 euros na conta .......e chamando ao teléfono 645029338.
7. 19 de abril, domingo, ás 12 horas, na ría Disciplina (antes Liberdade): Homenaxe aos represaliados polo franquismo. O roteiro, con ofrenda floral, iníciase na rúa Disciplina coas intervencións de Perla Torreiro e de Manuel Monge, presidente da CRMH, para reivindicar a supresión da simboloxía franquista. Continuaría no monumento a Ramón Maseda, no Campo de Marte, coa intervención de Xosé Luís Rodríguez Pardo; Cemiterio Civil (Xosé Gaioso e Antonio Soane) con intervención de Beatriz Parga; rúa Pedro Galán Calvete ( ao final da avda. de Navarra), coa intervención de Pedro Galán, sobriño do asasinado, e rematando na rúa Xosé Villaverde (nas Lagoas) coa intervención de Mariquiña Villaverde, filla do asasinado.
8. 21 de abril, martes, ás 20 horas, na Casa Museo Casares Quiroga: Presentación do libro Curuxás. O guerrilleiro que non cazou Franco, coa asistencia do autor, Carlos Parrado, de Enrique Acula, da editorial A Nosa Terra , e de Rubén Afonso Lobato , da CRMH.
9. 28 de abril, martes, ás 20 horas, na Casa Museo Casares Quiroga: Presentación do libro Perfecto Lorenzo Calviño. Os pasos pola vida dun comunista galego, coa presenza da súa filla Flor Lorenzo, de Enrique Acuña, da editorial A Nosa Terra , e de Beatriz Gómez Amigo , da CRMH.
Queda pendente de encaixar na programación unha roda de prensa para presentar os apoios ao manifesto pola supresión da simboloxía franquista.
|