27 Mar 2009 |
Mª Teresa Alvajar López "Republicana de honra 2009"
|
Mª Teresa Alvajar López "Republicana de honra 2009"
Cando se produciu o golpe de estado atopábase co seu pai en Soria, provincia da que era gobernador civil. Pasou a guerra en Valencia, Madrid e Barcelona. Non puido cruzar a fronteira cos seus pais, e, tras unha longa viaxe, chegou á Coruña envolta nun capote de soldado para disimular a súa condición de muller. Foi acusada de pertencer ao Servicio de Investigación Militar e estivo no cárcere, onde, entre outras compañeiras de cadea, chegou a coincidir coa coñecida muller libertaria “A Corales”. A partir do comezo do seu exilio en 1936, Mª Teresa lembra que nunca máis se volveron xuntar os pais e os seus catro fillos nesta familia marcada pola represión franquista. Ela, a filla menor, logo da súa estáncia no cárcere da Coruña viaxou a Francia para se xuntar cos seus pais e fixar residencia en Vimoutiers (Normandía), en Vichy e Mon tauban, poniéndose a traballar nunha fábrica de tecidos. |



















