Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
Mensaxe
  • O arquivo non se atopa dispoñ ible no servidor
31
Dec
2008
Declaración do Pazo de Meirás como BIC. Unha victoria parcial
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rubén Afonso   

Declaración do Pazo de Meirás como BIC

 

Unha victoria parcial

Marcha cívica pola Devolución de Pazo

GAÑAR A BATALLA DA RECUPERACIÓN DO PAZO PARA O  PATRIMONIO PUBLICO É UNHA CUESTIÓN DE DIGNIDADE

1. Para a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña a aprobación pola Xunta do Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural (BIC) é unha boa noticia pola que estamos a traballar desde hai anos. É unha vitoria parcial, mais queda por gañar a batalla máis importante, é dicir, conseguir a devolución do pazo de Meirás ao patrimonio público. Despois de 70 anos de ocupación, botar fóra do pazo á familia do Ditador, é unha cuestión de xustiza e dignidade.


2. A CRMH continuará promovendo todo tipo de actividades para conseguir este obxectivo e vencer a resistencia da familia Franco, empeñada en manterse como propietarios dun pazo, que foi adquirido con todo tipo de presións e ameazas a traballadores e funcionarios, descontándolles unha parte do seu salario.


3. A CRMH organizará -cando se abra ao público, catro días ao mes- visitas guiadas con autobuses gratuítos desde A Coruña, realizando unha ocupación simbólica do pazo de Meirás. Todas as persoas recibirán un folleto informativo, titulado O ROBO DO PAZO DE MEIRÁS, con detalles sobre a historia do pazo e os métodos empregados para a súa adquisición.

4. A CRMH xa solicitou ao Xuíz Garzón o pasado 20 de novembro que “traslade á Fiscalía Xeral do Estado e ás Cortes Xerais a nosa petición de que se tomen as medidas precisas para a realización dun inventario dos bens que están en poder das familias dos responsables do Golpe de Estado de 1936 e que foron adquiridos no exercicio do poder; e que se elabore a lexislación necesaria para que esas propiedades pasen ao patrimonio público”.

5. A CRMH solicitará aos concellos da área metropolitana da Coruña un pronunciamento do Pleno da corporación para que o pazo de Meirás sexa recuperado para o patrimonio público.

6. O mesmo que en 1938 significados persoeiros e dirixentes fascistas promoveron unha “Junta Provincial Pro Pazo del Caudillo”, a CRMH promoverá a creación dunha Xunta Nacional para a Recuperación do Pazo de Meirás.

   Moitas grazas pola atención que nos dispensades e ¡Feliz ano novo!

   A Coruña, 30 de decembro de 2008.
   Rubén Afonso Lobato, responsable de Comunicación.



 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1198056

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 78 convidados en liña
martelopng.png