Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
21
Nov
2008
Escultura honorifica da CRMH da Coruña, obra de Pepe Galán
PDF Imprimir Correo-e

Escultura honorifica da CRMH da Coruña, obra de Pepe Galán

Conceptos como terra, memoria, ou espazo, son os elementos que pretenden simbolizar esta proposta plástica.



O ferro; como mineral que protexe e afortala en tempos non doados, e o cristal estalado; como unha época que tivo a realidade rachada, máis tamén, a transparencia do vidro quere limpar a memoria escura do pasado.

Forma e materia parten dunha xeometría circular, configurando deste xeito unha imaxe suxerinte, onde parece situarnos nun lugar intimo e protexido, ou dunha fiestra que nos mergulle sen límites nas profundidades do espazo total da circunferencia.

Materiais: ferro / parabrisas reutilizado.
Medidas: altura 82 x103 mm. de diámetro.

A escultura está asinada por Pepe Galán, autor da obra.

RESUME BIOGRÁFICO:

Pepe Galán (A Coruña 1955). Iniciase na pintura a vez que experimenta con outros soportes como a serigrafía, o gravado e a fotografía, medios que son compartidos co seu traballo escultórico.
Concorre en Feiras e exposicións nacionais e internacionais. Europa suponlle un importante contacto coas diferentes opcións artísticas, históricas e contemporáneas.
Partícipe e cofundador respectivamente de “A Galga” e “Gruporzán”.
Representante da xerazón que se dá a coñecer na década dos oitenta, tras comeza-la súa experimentación plástica na inmediatamente anterior.
Galán irá creando unha obra que transita por distintas etapas: o tecido en volume, o metal, e materiais translucidos como, plástico ou cristal.
Forma parte da Comisión executiva da Asociación de Artistas AGAV, iniciando unha etapa de compromiso a prol da política cultural e social do artista.
Integrase na Plataforma Burla Negra, realizando accións de activismo cultural.
Contribúe a creación da revista de arte Arnotes, de difusión internacional, editada en Galiza.
Deseña entre outros, os premios AGAPI 1999, para Asociación Galega de Produtoras Independentes, Escultura institucional honorífica da CRMH AC, (...)
Bolseiro pola Fundación Arte e Dereito.
Dirixe obradoiros e colabora en cursos para a Deputación da Coruña, MACUF Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, CEFORE Xunta de Galiza, (...)
Leva a cabo instalaxes efémeras na urbe, así como, en espazos naturais.
Premiado no concurso de ideas para realizar o monumento as vítimas da represión franquista en O Portiño.
Recibe diferentes encargos para espazos públicos como, esculturas e murais de grandes dimensións, executadas especialmente en aceiro cortén...

Obra Pública:
Ferroetecido en liña curva 1990 no Centro de Saúde de Cerceda, A copa do Sol 1994 Parque escultórico da Torre de Hércules da Coruña, Vieiros de seu 1999 Praza de San Domingos en Lugo, Remando cara ao vento 2006 Paseo Marítimo de Neda Ferrol, ou Mortos do Portiño 2008 no Portiño, A Coruña.

Exposicións individuais:
Entre 1984 e 2008 efectúa múltiples exposicións personais, parte delas son as series: Tecido e tensión, Ferroetecido, O dentro pechado, Fendas e ancoras no vento, Para-brisa ou Mayday.

Exposicións colectivas:
A súa obra foi mostrada en, España, Portugal, Italia e Francia.

Museos, Coleccións Públicas e Privadas:
Selección; Museo Carlos Maside, Sada A Coruña. Colección Banco Exterior de España. Fondos Biblioteca Nacional Madrid, Museo de Arte Contemporanea Unión Fenosa A Coruña, Colección Fundación Caixanova Vigo. (...)


 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1198028

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 84 convidados en liña
martelopng.png