Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
13
Nov
2008
Presentación da Enciclopedia do Anarquismo Español
PDF Imprimir Correo-e

Presentación da Enciclopedia do Anarquismo Español

Sábado, 15 de novembro de 2008, ás 19 horas

Na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º . A Coruña )

Presentaráse a Enciclopedia Histórica do Anarquismo Español de Miguel Íñiguez

Neste acto, que organiza a CRMH da Coruña, estará presente o autor, Miguel Íñiguez, que será presentado polo historiador ferrolán Eliseo Fernández .

A obra “Enciclopedia Histórica del anarquismo español” é a nova edición dun traballo que Miguel Iñiguez ten entre mans dende hai máis de 20 anos. En 2002 a Fundación Anselmo Lorenzo presentou a primeira versión desta obra baixo o título de “Esbozo para una enciclopedia histórica del anarquismo español”. Agora sae á rúa esta nova edición, completada co esforzo de máis de seis anos, que se concretou nun traballo coas seguintes características:

-  Tres volumes encadernados en cartulina, nunha caixa de cartón.

-   2.000 páxinas tamaño folio en tres columnas e máis de 250 páxinas de fotografías.

-   50.000 entradas (activistas, xornais, plenos, congresos, organizacións, eventos, etc), acompañadas cada unha delas da bibliografía correspondente.

-    3.000 ilustracións, tanto de facsímiles de xornais antigos e modernos como retratos, carteis, congresos, mitins, maifestacións,...

-    A obra vai prologada por Juan Gómez, inclúe unha “Carta ao autor” do historiador ferrolán Eliseo Fernández e remata cunha extensa “Introducción” de Ignacio Soriano.

Máis información sobre a obra na páxina web: www.navioanarquico.org

Miguel Iñiguez, rioxano da colleita do 48, leva máis de media vida residindo en Vitoria. Experto lingüista, gánase a vida como catedrático desta materia. Afeccionado aos libros en xeral, e aos de Quevedo en particular. Foi un dos sete que en 1976 reorganizou a CNT en Vitoria. É membro da Asociación Isa ac Puente e na actualidade continúa a ser militante confederal.

Ademáis da primeira edición deste traballo baixo o título "Esbozo de una enciclopedia histórica del anarquismo español", Miguel Íñiguez ten publicado tamén os libros "Isaac Puente : médico rural, divulgador científico y revolucionario" (Vitoria: Papeles de Zabalanda, 1996), "La prensa anarquista en el País Vasco, La Rioja y Navarra" (Vitoria: Asociación Isa ac Puente, 2001) e "Anarquismo y Naturismo, el caso de Isa ac Puente" (2004). Ten publicado artigos en publicacións como "CNT", "Solidaridad Obrera", "Orto", "Polémica", "Bicel", "El anarcosindicalista" y " La Oveja Negra ".

O traballo de Miguel Íñiguez presta unha especial atención a Galiza e, moi especialmente, á cidade da Coruña, na que o desenvolvemento das ideas libertarias tivo unha singular importancia –a CNT tiña 15.000 afiliados e numerosos ateneos- ata o golpe militar de 1936. A obra inclúe biografías de militantes destacados do anarquismo galego, como Marcial Lores, José Sanjurjo, José Suárez Duque, José Claro Sendón, Ricardo Mella, Manuel Fandiño, mais tamén acolle nas súas páxinas a centos e centos de militantes que ata o día día hoxe estaba sumerxidos no anonimato. Ademáis, a obra recolle información sobre a práctica totalidade dos xornais libertarios publicados na Galiza.



 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1197894

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 80 convidados en liña
martelopng.png