Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
22
Out
2008
Centenario do nacemento de "Foucellas"
PDF Imprimir Correo-e

Centenario do nacemento de "Foucellas"

Benigno Andrade García “Foucellas”, o máis lendario e popular dos guerrilleiros antifranquistas galegos, naceu o 22 de outubro de 1908 na aldea de As Foucellas , parroquia de Cabrui, do concello de Mesía. Traballou no campo, nunha leitaría, nas minas de carbón de Fabero (O Bierzo) e nun aserradeiro de Curtis. Detivérono o 9 de marzo de 1952 en A Regueira (Oza dos Ríos) onde construíra unha cova-refuxio. Foi executado a garrote vil o 7 de agosto de 1952 no cárcere da Coruña. Os seus restos mortais repousan no cemiterio de San Amaro nunha foxa común.


Con motivo do centenario do nacemento de Foucellas, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, a Asociación Cultural Obradoiro da Historia, de Ordes´, e a Asociación Cultural Eira Vella, de Betanzos, organizan diversos actos para homenaxear a todas as persoas que loitaron pola liberdade e a democracia; a miles de heroes anónimos da Resistencia antifascista galega, mortos, torturados, desterrados, encadeados, represaliados e perseguidos por defenderen a legalidade democrática da II República.

1. As actividades comezarán en Curtis o xoves, 23 de outubro, ás 19,30 horas na Casa da Xuventude e contará coa presenza de Pepiña, filla de Foucellas, ademais coa participación de Quico, guerrilleiro nos anos 40-50 no Bierzo, e de Emilio Grandío , historiador.

2. O venres, 24 de outubro, ás 20,30 horas, haberá outro acto na Casa da Cultura de Ordes, este coa colaboración de Pepiña, filla de Foucellas, de Quico, e de Maruchi, a filla do guerrilleiro Manuel Ponte. Tamén estará o historiador Bernardo Máiz .

3. O sábado, 25 de outubro, haberá un roteiro polos lugares da guerrilla da comarca, con saída en autobús ás 15,30 horas do cárcere da Coruña e parada en Betanzos ás 16,15 horas na praza do Campo. Ao final da xornada, ás 21 horas, haberá un acto no Liceo de Betanzos e, finalmente, unha cea.

4. No mes de novembro haberá en Betanzos unha semana de cine sobre a guerrilla galega antifranquista.


En todos os actos haberá unha homenaxe ás familias represaliadas, lectura de poemas, presenza de vellos guerrilleiros, intervencións de historiadores, gaiteiros, actuación do grupo A Quenlla.

Estas actividades contan coa colaboración do Ministerio da Presidencia, Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Concellaría de Cultura do concello da Coruña, Deputación da Coruña, concellos de Ordes, Oroso, Melide, Arzúa, Vilasantar, Mesía, e da Asociación Bieito Fandiño.

Pregamos a difusión do seguinte teléfono de contacto para apuntarse ao autobús do día 25, que será gratuíto: 645029338.

Moitas grazas pola vosa atención, e esperándonos vérmonos todxs, despídome cun cordial saúdo.

 



 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1197753

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 58 convidados en liña
martelopng.png