07 Ago 2008 |
A CRMH organiza unha voda no Pazo de Meirás
|
A voda que organiza no Pazode Meirás a CRMH da Coruña, en colaboración coa comparsa "Os Maracos", celebraráse o venres 8 de agosto ás 6,30 da tarde
Todo está preparado para a celebración na porta principal do pazo de Meirás da anunciada voda. Despois de intensas xestións diante de Lucifer –preguntamos por el no ceo, pero San Pedro dixo que alí non estaba, nin era esperado- conseguimos que o Caudillo Franco disfrute dun permiso penitenciario extraordinario de fin de semana, xa que está condenado a cadea perpetua no inferno. O Generalísimo, vestido coas súas mellores galas, será o padriño e acompañara á noiva -á súa bisneta Leticia Giménez Arnau Martínez Bordiu- na entrada ao pazo de Meirás.
Dun xeito festivo, reivindicaremos a devolución ao pobo do pazo de Meirás, sen provocar altercados, nin interferir no desenvolvemento do bodorrio oficial. Con este acto a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña quere deixar moi claro que a familia Franco non é ben recibida e que, despois de disfrutar durante 70 anos dunha propiedade como o pazo de Meirás, que non é súa, deben devolver ao pobo o que é do pobo. Esperamos que sexa o último acto que realiza a familia do Ditador Franco no pazo de Meirás.
Todos os asistentes serán obsequiados cun folleto informativo sobre a historia do pazo e como se organizou o roubo, que levará por título: O pazo de Meirás e o imposto revolucionario de 1938.
Recibide un cordial saúdo.
A Coruña , 6 de agosto de 2008
Asdo. Rubén Afonso Lobato , responsable de Comunicación da CRMH da Coruña Tfno.: 645029338<
|


















