O "regalo" do Pazo de Meirás a Franco foi unha imposición Ola a todxs,
Como moitxs de vós saberedes, este venres 8 de agosto, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH), convoca unha voda “alternativa” na porta principal do Pazo de Meirás, para denunciar así a xa existente voda da bisneta do ditador Francisco Franco, quen vai celebrar o seu casamento ese mesmo día nesa finca roubada ao pobo de Meirás e, por extensión, á cidadanía galega. Contaremos coa inestimable axuda da comparsa “Os Maracos”, que se encargarán de representar o casorio, contando coa colaboración do próprio Francisco Franco, quen baixará do ceo (mellor dito, subirá do inferno) para entregar á sua bisneta en sagrado matrimonio o seu futuro cónxuxe. O anano asasiño estará acompañado da sua Garda Moura, e será recibido polo Xefe Provincial do Movimento e polo orondo Cardenal Primado de turno. Ali mesmo asistiremos á consumación do Santo Matrimonio nunha “Jaima” que a Garda Moura de Franco levará consigo.
Iso será a voda “B”, a organizada pola CRMH e mailos “Maracos”. A voda “A” será dentro do recinto do Pazo, e non teremos a posibilidade de asistir a ela. Nen queremos boicotear nen interromper tal cerimonia. A intención da CRMH non é cortar o tráfico, nen facer nada que impida a voda da bisneta de Franco. O único que imos facer é entregar a cada invitadx a esa voda un panfleto onde se explica con claridade por qué a familia Franco detenta a propriedade do dito pazo. Porque, a xuízo da CRMH, iso consistiu nun auténtico “imposto revolucionario”, dado que, milleiros de traballadoras e traballadores da Coruña e da sua comarca tiveron que dar durante moitas mensualidades parte do seu salário como dozaón “voluntaria” á familia Franco para que amoblaran, equiparan e montaran o pazo de Meirás ó seu gosto. Ademais, perto dun 5% dos orzamentos dos concellos da contorna tamen foron dedicados a eses gastos que tivo Franco e maila sua família en equipar o pazo. Sen contar coas expropiacións de terreos pagados prácticamente de balde a proprietárixs de fincas que lindaban no Pazo, co obxectivo de ampliar o recinto do mesmo. Polo tanto, decimos que foi un auténtico “imposto revolucionario”, non un regalo do pobo da Coruña á família Franco.
A CRMH considera tamen que o feito de que se celebra a voda oficial da bisneta de Franco no pazo de Meirás, xustamente cando ven de ser declarado pola Xunta de Galiza como B.I.C (Ben de Interese Cultural), obrigando á sua apertura ao público alomenos catro dias ó mes, é unha auténtica PROVOCACIÓN, que único que persigue é deixar ben clariño que o pazo é da familia Franco, e que poden facer o que queiran con el cando lles pete. A CRMH be positiva a declaración como B.I.C. do pazo de Meirás, pero considera que é insuficiente: o que realmente ten que facer a familia Franco é proceder á inmediata DEVOLUCIÓN DO PAZO
A hora da voda alternativa o próximo será o próximo venres 8 de agosto a partir das 17’30 h., na porta principal do Pazo de Meirás. Alí esperamos vérmonos todxs, e tamen compartir unhos pinchos que a CRMH ten previstos para agasallar a todxs xs participantes neste magno evento.
POLA INMEDIATA <DEVOLUCIÓN DO PAZO DE MEIRÁS AO PATRIMONIO PÚBLICO!!!
FAMILIA FRANCO: FÓRA DE MEIRÁS!!!
Rubén Afonso Lobato (645029338), responsable de comunicación da CRMH d’A Coruña.
|