Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
04
Xul
2008
A CRMH reivindica a constitución do Consello Coruñés da Memoria
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rupo   

A CRMH reivindica a constitución do Consello Coruñés da Memoria

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) reivindicará a constitución do Consello Coruñés da Memoria na
3ª Marcha Cívica pola supresión da simboloxía franquista, que se celebrará o sábado, 5 de xullo. Esta marcha, que terá un carácter festivo e reivindicativo, comezará ás 12 da mañá na praza de Cánovas Lacruz –no lateral de Capitanía, na Cidade Vella- recorrerá o Parrote ata a praza de María Pita e rematará diante do monumento a Millán Astray.


Como xa se solicitou ao Alcalde, en escrito enviado o 31 de xaneiro de 2008, a CRMH considera que entre os obxectivos deste Consello estarían o fomento de valores e principios democráticos, a promoción do coñecemento e reflexión sobre o noso pasado, para evitar que se repitan situacións de intolerancia e violación de dereitos humanos, e a preservación de documentos relacionados con ese período histórico. Ademais dunha representación dos grupos municipais, este Consello Coruñés da Memoria debería estar aberto á participación de entidades e historiadores que traballan na recuperación da memoria histórica. Un dos traballos deste Consello sería a elaboración dunha relación de rúas relacionados co franquismo, ou que homenaxean aos vencedores, para a súa substitución por outras democráticas.



Este Consello ou Comisión da Memoria está a funcionar en moitos concellos; en Oviedo, por exemplo -por iniciativa do Alcalde do PP, onde goberna este partido con maioría absoluta- esta Comisión de onde expertos elaborou un informe onde propón a eliminación de varias placas e monumentos, entre eles unha estatua do tenente coronel Teijeiro, e 28 rúas franquistas. A xuízo da CRMH o tema da supresión da simboloxía franquista non pode quedar reducido aos grupos municipais, a través da Comisión de Honores e Distincións, como adiantou o alcalde Javier Losada; debe abrirse á sociedade.


A CRMH da Coruña considera que habería que cambiar estas 30 rúas franquistas:

Generalísimo
Millán Astray
Mola (praza e rúa)
Sanjurjo
Primo de Rivera
Cánovas Lacruz
Gómez Zamalloa
Almirante Vierna
Teniente Coronel Teijeiro
Cabo Santiago Gómez
Calvo Sotelo
Comandante Barja
Cabo Ponte Anido
José Toubes
Arcadio Vilela
Salvador e Merino
Pepín Rivero
Salgado Torres
Castillo de Olite
Fuente Álamo
Juan Canalejo
Alferez Provisional
Sargento Provisional
Disciplina
Caídos (praza e avenida)
División Azul


Un cordial saúdo. A Coruña, 4 de xullo de 2008




 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1198089

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 57 convidados en liña
martelopng.png