Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
19
Xul
2010
A illa de San Simón recorda os represaliados

A illa de San Simón recorda os represaliados

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Xornal.com   
A illa de San Simón recorda os represaliados

A Iniciativa Galega pola Memoria honrou as historias dos recluídos 
e os asasinados na illa



Manuel Monge lendo as reivindicacións da Inicitiva Galega pola Memoria na illa de San Simón.


Un total de 300 persoas asistiron onte na illa de San Simón (Pontevedra) á homenaxe nacional en recordo das vítimas do franquismo e as súas familias. O acto, organizado polas asociacións para a recuperación da memoria histórica adheridas á Iniciativa Galega pola Memoria (IGM), segue a tradición comezada en 2006, que fora declarado o ano da memoria. O acto foi unha sentida homenaxe aos represaliados, algúns fusilados na pequena illa de San Antón, situada xunto a San Simón, que serviu onte de escenario para dignificar o papel das vítimas.
A Iniciativa Galega pola Memoria explicou que o levantamento fascista escolleu o 18 de xullo como “fundacional dunha orde antidemocrática e xerárquica” que na actualidade “non foi debidamente desmontada”, tal e como acredita, engade, a “simboloxía que segue a presidir espazos públicos”, aínda que a Lei da Memoria “impón eliminala”.

Para o movemento pola dignificación das vítimas, o 18 de xullo de 1936 empezou unha “infamia que debe ser recordada” e “hai que sacar a flote a verdade silenciada” e “restaurar a honra” dos demócratas perseguidos.

Por este motivo escóllese a illa de San Simón que, segundo explicou o IGM, é un dos moitos lugares da memoria que “lamentablemente ten o noso país” polos acontecementos de illamento, arbitrariedade e brutalidade que se levaron a cabo alí.



Illa de San Simón. Xullo 2010. Flores en homenaxe ás vítimas do franquismo.


HOMENAXE ÁS FAMILIAS

No acto houbo varios momentos emotivos, como a intervención do representante das familias dos represaliados, Antonio Monroy Álvarez, quen recordou ao seu pai, Adolfo Monroy Figueroa, un dirixente do sindicato de industrias pesqueiras da CNT asasinado ás portas do cemiterio municipal da localidade de Mos na madrugada do 10 de novembro de 1936. Adolfo Monroy deixou viúva e nenos. Na súa intervención, o fillo lembrou a súa nai e moitas nais e mulleres que coa perda dos seus homes pola represión tiveron que sacar adiante soas as súas familias en condicións moi duras, pois elas tamén eran condenadas social e economicamente.

O acto, que tivo tamén un recital poético, resaltou a necesidade da defensa do diálogo e a tolerancia para que non volvan suceder acontecementos como os que tiveron lugar na illa, nas verbas do xerente da Fundación Illa de San Simón, Francisco Javier Alonso González. A actriz e xornalista Comba Campoy tamén lembrou a historia negra do lugar e as razóns para continuar a lembrar o acontecido e honrar ás familias, pois tamén sufriron o castigo por ter parentes perseguidos.


 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1197840

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 56 convidados en liña
martelopng.png