Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
12
XuÃ
2010
Manuel Monge : ´Non se trata de exhumar por exhumar, o fundamental é render homenaxe ás vítimas´

Manuel Monge : ´Non se trata de exhumar por exhumar, o fundamental é render homenaxe ás vítimas´

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por R.Prieto para "La Opinión de A Coruña"   
Presidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña
Manuel Monge : ´Non se trata de exhumar por exhumar, o fundamental é render homenaxe ás vítimas´

"Os avances en política da memoria logrados polo bipartito foron paralizados polo PP. En Galicia, non se abrirá ningunha fosa do franquismo co actual Goberno autonómico"




Manuel Monge, presidente da CRMH, A Coruña.

"Non se trata de ir a un sitio, levantar os restos e xa está". O presidente da CRMH da Coruña defende outra forma de facer memoria histórica: "O fundamental é que haxa un recoñecemento ás vítimas e neses lugares de represión, un recordo e unha homenaxe". Ese é o acto convocado para hoxe polo colectivo coruñés, que organizou unha ruta polas fosas do franquismo de Aranga, localidade onde está situado o maior enterramento da ditadura de Galicia: o cemiterio de Vilarraso, con polo menos 29 'paseados'

O seu é un traballo a contrarreloxo pola idade das testemuñas da ditadura. Ten data de caducidade?

-A memoria histórica é un asunto a longo prazo. Sen memoria non hai futuro. Traballamos para que non se repitan acontecementos pasados. A xente ten que estar moi atenta a actuacións que poden ter certa tinguidura fascista. Este é un traballo de longo percorrido.

-Quen ten máis medo a recuperar a memoria histórica: as vítimas ou os represores?


-As vítimas teñen medo a que haxa unha reacción como a de entón. A represión tamén se estendeu a xente que participou nun acto público. Por este simple feito, foron asasinados. Os represores pensaban que tras 30 anos de democracia, aquilo era un asunto pechado e que tiña o cadeado posto. Conseguimos recuperar esa memoria e informar de quen era quen. Dicir que Millán Astray non era un coruñés de prol ou que Juan Canalejo era un dirixente fascista e que actuaba como os terroristas, molesta aos nostálxicos do franquismo.

-Hai medo na dereita a deslegitimar o franquismo?


-Si. A Coruña é un caso especial. O PP da cidade e Unión Coruñesa son a extrema dereita dentro do Partido Popular. Actuacións que ven con normalidade noutros lugares, aquí non son admitidas. Por exemplo, o PP en Oviedo non ten problema algún para retirar a estatua e a rúa do tenente coronel Teijeiro. Aquí, todo o contrario. Pediría ao PP da Coruña que se comporte como os partidos de dereita en Europa, que condenan o fascismo. Se cadra son antifranquistas na intimidade, pero é necesario que o digan publicamente e actúen en consecuencia.

-A esquerda tampouco deu os pasos que esperaban as vítimas. A lei de memoria histórica deixou no caixón moitas reivindicacións, como a anulación dos xuízos sumarísimos.


-É unha lei insuficiente pero supuxo un cambio cualitativo respecto do que había. Por primeira vez, aparece nunha lei unha condena expresa á ditadura franquista, así como unha serie de indicacións sobre como axudar a familias que buscan aos seus desaparecidos ou de promocionar a investigación. O grave problema é que non hai vontade política para desenvolver esa lei .

-Que aspectos quedáronse fóra da lei de memoria?

-Un deles, fundamental, é a anulación de todos os xuízos. Outro é o compromiso por parte do Estado para exhumar todas as fosas. Hai máis de 100.000 desaparecidos. En España hai máis fosas que en Bosnia e cinco veces máis desaparecidos que na ditadura arxentina. O Estado adoptou unha actitude hipócrita neste asunto, actuando contra os crimes da ditadura arxentina e agora non permitindo a Garzón investigar o franquismo. Hai dúas varas de medir: a nivel internacional somos moi progresistas, pero cando estamos en casa impedimos que un xuíz investigue estes crimes.

-Debe asumir o Estado a exhumación das fosas do franquismo?

-A lei de memoria histórica xogaba coa ambigüidade ao falar de colaboración. Pero agora o Congreso aprobou unha iniciativa por parte de EU e do PSOE para que a localización, exhumación das vítimas sexa asumido polo conxunto das administracións e pola Administración do Estado con carácter subsidiario no caso de que por exemplo a Xunta non o asuma.

-Confía en que a Xunta emule os pasos dados por Aguirre para buscar ás vítimas do franquismo?


-Aquí non se vai a investigar absolutamente nada porque non hai vontade por parte do PP para abrir esas fosas. Iso colócao nunha posición moi próxima á extrema dereita. Os pasos que está a dar a Xunta a día de hoxe non van na dirección dos avances en Madrid. Desde o proxecto Nomes e Voces para investigar os crimes do franquismo, pediron unha subvención para continuar con ese traballo e a Xunta deulle o 10% do orzado. Iso indica que a Xunta non está polo labor de potenciar este tipo de investigación.

-PSdeG e BNG acusan á actual Xunta de frear o proceso de recuperación da memoria histórica, pero o bipartito tampouco fixo os deberes durante o seu mandato, que acometeu un par de exhumaciones e xa cando estaba en funcións.

-Toda política de memoria pode ser mellorable. O que pasa é que os aspectos positivos superaron os negativos. Ante un tema paralizado, o bipartito declarou o Ano da Memoria en 2006. Logo chegou o percorrido do barco da memoria, un centro de documentación e exposición permanente na illa de San Simón... E en novembro de 2008 a Xunta aprobou unha lei para asumir as exhumaciones. Había unha vontade expresa de apoio e subvencións a todas as asociacións. Cando chegou o PP, todos eses avances, foron paralizados. Agora estamos en retroceso. Por iso hoxe reunirémonos en Santiago os colectivos da memoria histórica para concretar esas reivindicacións.

-Que é máis prioritario: investigación ou recuperación dos restos dos desaparecidos?


-As dúas cousas teñen que estar relacionadas. Non se trata de ir a un sitio, levantar os cadáveres e xa está. O fundamental é que haxa un recoñecemento das vítimas e neses lugares de represión, un recordo e homenaxe. Non se trata de exhumar por exhumar, que resulta moi rechamante e dá publicidade, senón que hai que facer un traballo serio. O que hoxe faremos en Aranga será homenaxear ás vítimas e visitar os lugares.



 
Mércores, 08 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

¡Probe Galiza, que sangras

por mil feridas abertas!

¡Malia qénes che as fixeron!

¡Malia quénes che encadean!


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4772

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1200648

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 102 convidados en liña
martelopng.png