Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
10
Xu
2010
200.000 visitasna páxina web / Informe sobre as fosas de Aranga

200.000 visitasna páxina web / Informe sobre as fosas de Aranga

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CRMH   

200.000 visitas na páxina web

Informe sobre as fosas de Aranga


Comunicamos unha extraodinaria noticia: nas próximas horas a páxina web da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña www.memoriadacoruna.com) chegará ás 200.000 visitas.


Para celebrar este acontecemento publicaremos na nosa páxina web -a partir do xoves,10  de xuño- un amplo informe sobres as fosas de Aranga, que foi coordinado polos historiadores Emilio Grandío e Eliseo Fernández. O devandito informe podédelo descargar de aquí. Esperamos que este material sirva como soporte para a publicación de reportaxes sobre o maior número de fosas de Galicia, que se concentran no concello de Aranga, con máis de 80 persoas.A páxina web, que depende directamente do responsábel de Comunicación da CRMH,  iniciouse o 15 de marzo de 2008 e acadou 100.000 visitas o 27 de agosto de 2009. Nos últimos meses tivo unha media de 10.000 visitas mensuais.


Ademais de recoller información sobre o nacemento e obxectivos da CRMH, esta páxina web é o mellor escaparate das actividades da nosa asociación. Poden atoparse os documentais sobre "Os mortos do Portiño", "O esplandor das Atochas", "Celebración do Día da República". As campañas que realizamos: Juan Canalejo non era cardiólogo"; "Roteiros da Vergoña";"Supresión da simboloxía franquista"; "Non queremos a Franco como Fillo Adoptivo";"A voda do pazo de Meirás"; "Quen era o xeneral Sanjurjo?"; "Millán Astray non era un coruñés de pro"; "Todos os nomes das vítimas da represión franquista"; "Fosas de Aranga".


A páxina web tamén ten como contidos un canle de vídeos Vimeo, referido a actos protagonizados pola CRMH, como a celebración do nomeamento a Mª Teresa Alvajar como Republicana de Honra 2009, outros vídeos titulados “Cea da República 2009”, III Marcha contra a Simboloxía Franquista, IV Marcha contra a Simboloxía Franquista na Coruña, “A Fuxida do Portiño”, “Pazo de Meirás”, e o trailer da cura “Campás”.


No aspecto gráfico existe un arquivo de imaxes recollido en varios álbumes de fotos Picassa, como por exemplo, o “Roteiro de Foucellas”, a “Cea da República 2010”, A “Asemblea da CRMH 17-12­09”, as “Fotos do Vodorrio de Meirás”, e o “Acto de solidariedade coas vítimas do franquismo e co Xuíz Garzón”.


Outro contido da páxina web da CRMH é a listaxe de represaliados da comarca da Coruña, feita polo proxecto internuniversitario “As Voces, os Nomes”, pertencente ás tres universidades galegas, listaxe que recolle máis de 600 nomes de persoas asasinadas polo franquismo en dez concellos da comarca da Coruña, todos eles debidamente certificados científicamente polo devandito proxecto internuniversitario, que está formado por historiadores de probada solvencia e profisionalidade.


Tamén está un apartado denominado “Hai que Cazalos”, apartado interactivo que permite a colaboración de internautas que teñan datos para denunciar os vestixios de simboloxía franquista que aínda quedan na Galiza. Alí aparecen, pois, probas gráficas dos mesmos xunto cun pequeno comentario sobre a súa natureza.


En fin, diversas enquisas, a listaxe de asinantes do manifesto contra a simboloxía franquista na Coruña, variados recursos gráficos, e un contador de entradas e estatísticas sobre a repercursión que ten a páxina web www.memoriadacoruna.com no ciberespacio mundial, completan o máis que variado menú da mesma.


Na portada da páxina web tedes o cartel do Roteiro polas fosas de Aranga, que realizaremos este sábado 12 de xuño pola tarde.


O informe podes descargalo aquí.



 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Para elo fun buscar ao alfaiado,

entre telas de araña e polvo, a lira,

pois será meu fusil cando combata

pol-a causa sublime da xusticia.


Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1197692

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 82 convidados en liña
martelopng.png