30 Mai 2008 |
A CRMH da Coruña denuncia a Losada e a tres ministros
|
A CRMH da Coruña denuncia a Losada e a tres ministros 29 de maio do 2008 A Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, denuncia ao alcalde coruñés, Javier Losada, e aos ministros de Fomento, Magdalena Álvarez; de Economía e Facenda, Pedro Solbes; e de Defensa, Carme Chacón, "por pervivencia en edificios públicos de escudos que son ilegais desde fai 27 anos". A CRMH, en palabras do seu presidente Manuel Monxe, considera que hai falta de vontade política para cumprir a Lei de Memoria Histórica e que, en ningún caso, pódese alegar inorancia ou falta de tempo para proceder ao seu cumprimento. A CRMH, lamenta moito ter dado iste paso, mais dempois de terlle ofrecido ao Concello varias iniciativas neste senso; ate en 26 ocasións foron elevadas, ditas iniciativas, aos plenos de concello, onde, somente, procedéuse a votar en 5 das ocasións, sen que puideran sair adiante polos votos en contra do PSOE e mailo PP ; polo que, para a Comisión chegou o intre de dicir BASTA XA!!! A denuncia da CRMH, perante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, é, pola presenza de simboloxía franquista no Pazo de María Pita (Concello da Coruña), o cuartel de Atocha e a Comandancia Militar da Mariña (Ministerio de Defensa), o edificio de Aduanas (Ministerio de Economía), e a sede central de Correos na cidade (Ministerio de Fomento). Entre outras accións, a CRMH enviuólle, ao presidente do Goberno Espanhol José Luis Rodríguez Zapatero, unha misiva dándolle conta da situación na que se atopa a cidade da Coruña, onde, non se esta a cumprir a Lei da Memoria Histórica. Para noxo de nós, somos a capital da simboloxía franquista. A Comisión lembra, que debem de se cambiar os nomes de varias rúas da cidade que lembran a personaxes da etapa franquista e, tamén, retirar a estatua de Millán Astray -Xeneral golpista- ou, o nome, do Complexo Hospitalario "Juan Canalejo" -fundador da Falanxe na Coruña-. ¡¡¡ Que non caiba dúbida que imos gañar ista batalla!!!
Ligazóns externas relacionadas A Opinión Coruña 29 de maio do 2008 A Comisión pola Memoria denuncia Losada ante o fiscal A Nosa Terra 27 de maio do 2008
|


















