Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
12
Mai
2008
CARTA DA CRMH ÁS ASOCIACIÓNS DE INMIGRANTES DA CORUÑA

CARTA DA CRMH ÁS ASOCIACIÓNS DE INMIGRANTES DA CORUÑA

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrador   

PORQUE SOMOS UN POBO EMIGRANTE,
NÓS SÍ QUEREMOS AOS INMIGRANTE

 

Prezadas/os amigas/os:

   A través das actividades que desenvolvemos desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, podemos comprobar que somos un pobo emigrante; centos de miles de galegas e galegos desprazáronse durante anos fóra do seu país buscando unha vida mellor.

   Hoxe Galicia é un país receptor de inmigrantes, máis de 80.000, e, ademais, 100.000 naceron no estranxeiro e aparecen como españois no seu documento de identidade; as persoas inmigrantes aportan xa o 13,39% do crecemento da economía galega. Por outra parte, estamos a comprobar que, ás veces,  non son tan ben recibidos e tratados como a nós nos gustaba cando chegábamos a outros países como emigrantes.

   Hai que frear os brotes de xenofobia e racismo para que non prendan na sociedade. Vemos tamén que, desde certas opcións políticas, se crea alarma social e se utilizan aos inmigrantes como arma de confrontación política co único obxectivo de obter beneficios electorais. Algúns titulares aparecidos nos medios de comunicación son realmente preocupantes: “Apalean a un colombiano en Madrid al grito de viva España”. Convócanse manifestacións baixo o lema:”La inmigración destruye tu futuro”. Algúns políticos declaran que “coa chegada de inmigrantes xa non cabemos” ou chegan a responsabilizar aos inmigrantes do colapso das urxencias hospitalarias...

   Consideramos que o conxunto da sociedade civil debe mobilizarse e levar adiante unha política preventiva, contra estes brotes, e de educación integradora. Que os inmigrantes perciban que son ben recibidos e tratados con cariño, que teñen os mesmos dereitos e deberes que nós; que as novas xeracións acepten a multiculturalidade como unha cousa positiva, como unha riqueza, e cultiven aquela frase do Che: “A solidariedade é a tenrura dos pobos”.

   Desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña consideramos que, respectando a independencia e o traballo que fai cada asociación, é posíbel desenvolver conxunta e coordinadamente unha serie de actuacións.

   Por todos estes motivos, convocamos unha reunión, en réxime de autoconvocatoria, para o xoves, 15 de maio, ás 7 da tarde, na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras, 12), co obxecto de cambiar impresións e ver que podemos facer conxuntamente. Podedes confirmar a vosa asistencia en:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo   ou nos teléfonos 981924427 e 645029338.

Recibide unha aperta.
A Coruña,  12 de maio de 2008



 
Martes, 07 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
ojo.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4758

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1197970

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 97 convidados en liña
martelopng.png