Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Log-in de Usuarios



Dito en Twitter

As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

Contata axiña

Cantas son 3 x 2
Email:
Título:
Mensaxe:
08
Mai
2008
A CRMH PIDE AOS SINDICATOS QUE SOLICITEN Á CONSELLERÍA DE SANIDADE O CAMBIO DE NOME DO HOSPITAL JUAN CANALEJO

A CRMH PIDE AOS SINDICATOS QUE SOLICITEN Á CONSELLERÍA DE SANIDADE O CAMBIO DE NOME DO HOSPITAL JUAN CANALEJO

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Manuel Monge   
Estimadas/os amigas/os:

   O 26 de decembro de 2006 o Parlamento Galego aprobaba unha Proposición non de Lei na que instaba ao Goberno a retirar progresivamente dos edificios públicos e centros dependentes da administración as denominacións que fagan referencia a figuras ou feitos relacionados co franquismo. O pasado 26 de marzo de 2008 o Parlamento Galego aprobaba outra Proposición non de Lei na que instaba á Xunta de Galicia a “eliminar de todos os edificios públicos dependentes da súa administración toda a simboloxía fascista e a promover a supresión dos nomes destes edificios que fan referencia a persoeiros representantes ou partidarios da ditadura franquista”. Evidentemente, Juan Canalejo é un deses persoeiros.

   Desde a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña dirixímonos xa á conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia –acompañamos a carta- para que se proceda ao cambio de nome. Lembramos que o Hospital Juan Canalejo é o único en España que leva o nome dun fascista; isto é unha vergoña para A Coruña.

   Xa desapareceron noutros hospitais os nomes de persoas relacionadas coa Ditadura; así, as cidades sanitarias Francisco Franco de Madrid e Barcelona, chámanse hoxe, respectivamente, Gregorio Marañón e Vall D´hebrón. Tamén cambiaron o seu nome os hospitais galegos: “Hermanos Pedrosa” (dous coñecidos fascistas) chámase hoxe Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo; e o “Almirante Vierna” chámase hoxe Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Ninguén pode dicir que o Gregorio Marañón non é hoxe unha referencia ou que ten menos recoñecemento científico-médico que cando se chamaba Francisco Franco.

   Desde a CRMH da Coruña consideramos que o cambio de nome do hospital é unha cuestión de recuperación da dignidade, de xustiza e de consolidación da democracia; cuestións todas elas que afectan ao conxunto do persoal do hospital e a toda a cidadanía. Todos eses cambios de nomes noutros hospitais de España e Galicia, como non podía ser doutro xeito, contaron cun apoio expreso dos sindicatos.  

   Pedimos que o voso sindicato solicite á consellería de Sanidade da Xunta de Galicia o cambio do nome do hospital Juan Canalejo -en cumprimento da recentemente aprobada lei da Memoria Histórica e das resolucións do Parlamento Galego- e que se aprobe esta petición na Xunta de Persoal do Juan Canalejo.
   
   Quedamos a vosa disposición por se queredes organizar algún acto informativo para o persoal do hospital sobre a figura de Juan Canalejo. Xa sabedes que colaboran coa nosa asociación un numeroso grupos de historiadores. Acompañamos algúns textos de escritores e historiadores sobre quen era Juan Canalejo.

   Unha aperta.
   A Coruña, 7 de maio de 2008
   Asdo.: Manuel Monge, Presidente da CRMH da Coruña


 
Mércores, 08 Febreiro 2012
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Poemas da Memoria

¡A Libertade nunca

perdéu ningunha loita!

...

¡Adiante a terra a nosa!



Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Tradución do Google

English Arabic Bulgarian Chinese (Simplified) Chinese (Traditional) Croatian Czech Danish Dutch Finnish French German Greek Hindi Italian Japanese Korean Norwegian Polish Portuguese Romanian Russian Spanish Swedish Catalan Filipino Hebrew Indonesian Latvian Lithuanian Serbian Slovak Slovenian Ukrainian Vietnamese Albanian Estonian Galician Hungarian Maltese Thai Turkish
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Calendario da República 2011
Manifesto pola  Terceira República
rodchenko-0236.jpg

Diccionario galego

sennomes.gif

Contadores

Membros : 154

Contido : 4772

Ligazóns Web : 202

Contidos vistos : 1200725

Libros:39

Videos/Pelis/Documentais :147

Arquivos :87

Fotos Albums :288

Xente en liña

Temos 116 convidados en liña
martelopng.png