08 Mai 2010 |
ACTIVIDADES DA CRMH d'A CORUÑA NA SEMANA DO 8 AO 15 DE MAIO DE 2010
|
ACTIVIDADES DA CRMH d'A CORUÑA NA SEMANA DO 8 AO 15 DE MAIO DE 2010 RODA DE PRENSA Presentación do documental "A FUXIDA DO PORTIÑO" Luns, 10 de maio de 2010, ás 10,30 horas, Sala de prensa da Fundación Caixa Galicia, Cantón Grande da Coruña Asistirán: MARÍA XOSÉ BRAVO, concelleira de Cultura DOMINGO DÍAZ DOCAMPO, Productor DIRECTIVA DA CRMH Na roda de prensa farase un pase privado, só para os medios de comunicación. PRESENTACIÓN PÚBLICA DO DOCUMENTAL "A FUXIDA DO PORTIÑO" MARTES, 11 DE MAIO de 2010, ÁS 20 HORAS, CENTRO CÍVICO SAN PEDRO DE VISMA Coa participación de: JORGE GIL (Director do Documental) DIONISIO PEREIRA (Historiador) RAMON CALVETE (Da Asociación de Veciños San Pedro de Visma). Presentación: Fernando Souto Suárez, da Diretiva da CRMH. O 3 de marzo de 1937 un numeroso grupo de activistas sindicais e políticos foron masacrados na Coruña cando tentaban fuxir por mar do terror imposto polos militares fascistas, alzados contra a República. Resultado daquela criminal represión foron os 20 mortos, cuxos nomes figuran no monumento que, como homenaxe, inauguramos no Portiño o 12 de abril de 2008. |


















