Homenaxe as vítimas De O´Portiño

A) Descrición da actividade: Render unha homenaxe aos homes que tentaban fuxir nos días primeiros de marzo de 1937, van agora 70 anos. Tentamos simbolizar nesta data moitas fugas que durante os anos da guerra civil, e coa axuda da organización "Despertar Marítimo" foron artellándose con máis ou menos sorte.

Programa do acto:

No peirao de O`Portiño às 19:30 h do 9 de Marzo do 2007

Iniciamos o acto con música.

Benvida e presentación

Noméanse às vítimas

Interveñen : Eliseo Fernandez, Serafín Mourelle, Xurxo Souto, Manolo Rivas, intercalando música.

Ofrenda Florale Bengalas

Proxección dunvideo feito para a ocasión recollendo testemuños sobre os feitos

Convite aos asistentes

 

B) Data da actividade: 9 de Marzo do 2007

C) Interese da actividade: As vítimas dos feitos quelembramos eran xente moi nova e non especialmente significada máis a súa represión foi utilizada polos verdugos para exemplificar e deter as ansias de liberdade. Obxectivo que non acadaron.

D) Potencial nº de beneficiarios:Asistiron máis de 200 persoas. E a súa divulgación polos medios de comunicación, prensa escrita (acompañamos as reportaxes) radio e televisión chegou a máis de 70.000 persoas

E) Repercusión Territorial: A Coruña e a súa comarca.

Usted está aquí: Home Exhumacións Accións Memoria de actividade do 2007 Homenaxe as vítimas De O´Portiño

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

r/ Olmos 16 - 18 1º - 15003 A Coruña

T. 981 200869

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Poemas da memoria

>