11 Dec 2011 |
As familias ven ´imposible´ a exhumación
|
As familias ven ´imposible´ a exhumación Familiares de galegos enterrados no mausoleo de Franco dan por feito que non recuperarán os restos porque non están ben localizados e hai caixas que portaban até 14 corpos "Misión imposible". Así definen os familiares de galegos enterrados no Val dos Caídos a exhumación dos máis de 33.000 corpos trasladados desde cemiterios e fosas tras a Guerra Civil. Tanto polo estado no que se atopan os columbarios -depósitos de madeira para almacenar os féretros de varios individuos- así como a dispersión e mestura dos restos. "Non están ben localizados, non hai datos suficientes para extraer os restos. É imposible", conclúe Antonio Casares, irmán dun galego asasinado en 1936 estando preso na Fortaleza de A Mola, en Menorca. O nome de Santiago Casares e Pérez de Évora aparece na lista de 16 familias da provincia da Coruña que "autorizaron" ao réxime de Franco trasladar os restos dos seus caídos na contenda ao Val dos Caídos. Completan a lista Luciano Suárez Pena, de Carral; José Guerra López, de Santiago; Manuel Leira Piñeiro, de Pontedeume; José Escribano de Igarza, da Coruña; Alfredo Branco Villar, tamén da Coruña; Alejandro López García, de Ferrol; Ramón Ares Lois, de Melide, José Vázquez Crego, da Coruña; Ramón Fontenla Gamallo, tamén da Coruña; Ricardo Tobío Sánchez, de Muros; Nemesio Rodríguez Lapique, de Ferrol; Félix Rodríguez Gómez, da Coruña; Segundo Andrés Branco, de Noia; Francisco Pereiro Betanzos, de Santiago e Rafael Barbeito Morais, de Ferrol. Nos documentos da época, facilitados a este diario pola ARMH -catro deles reproducidos nesta páxina-, aparecen recollidos os trámites do Ministerio da Gobernación para promover o traslado dos restos dos caídos ao Val desde a súa inauguración en 1959 e tamén a negativa de familias a proceder á sepultura no mausoleo. Outros documentos tamén recollen o importe do traslado de familiares de "os heroes e mártires da cruzada" ao acto de inauguración do Val dos Caídos así como a orde de pago ás empresas de transportes. O 1 de abril de 1959 inaugurouse o seu gran proxecto ideado facía xa case 20 anos para inmortalizar a súa vitoria e honrar aos mortos do seu bando. Amosa a túa opinión sobre este artigo |







