Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

04
Dec
2011
A exhumación dos restos de Franco recomendada polos expertos, abocada ao esquecemento
PDF Imprimir Correo-e
Franco segue mandando!
A exhumación dos restos de Franco recomendada polos expertos, abocada ao esquecemento

O futuro Executivo do PP, nin a familia do ditador nin tampouco a Igrexa están polo labor de cumprir coas recomendacións.

A exhumación e traslado dos restos de Francisco Franco do Val dos Caídos, proposta pola comisión de expertos creada polo Goberno no seu informe de conclusións, está abocada o esquecemento. Nin o futuro Executivo do PP, nin a familia do ditador nin tampouco a Igrexa están polo labor de cumprir coas recomendacións. A petición expresa do ministro da Presidencia en funcións, Ramón Jáuregui, ao futuro presidente Mariano Rajoy non será escoitada. «En nome do PSOE, desexo que se cumpra todo o que contempla o informe, que non o enterren no caixón, porque se trata dunha xustiza que se merecen os alí enterrados», reclamou Jáuregui, o pasado martes, durante a presentación do informe.


As «boas intencións» do informe, segundo os colectivos da memoria histórica consultados, non se traducirán en nada. Primeiro, porque as recomendacións do comité de expertos dan á Igrexa un veto excesivo ante calquera decisión do Executivo de quenda; segundo, porque o momento da súa presentación coincide co traspaso de poderes, o que se interpreta máis como unha «pataca quente» para Mariano Rajoy que como un acto de xustiza.

O rexeitamento da Conferencia Episcopal xa quedou patente en maio, cando foi creado o grupo de expertos. O cardeal Antonio María Rouco Varela desvinculouse a última hora pese ao ofrecemento expreso dos presidentes da comisión, Virgilio Zapatero e Pedro González Trevijano. Rouco puxera unha reserva: ter dous membros no comité.

Outra reticencia era a presenza do benedictino Hilari Raguer i Suñer, experto nos arquivos vaticanos e nacionalista catalán. Ao final, decidiu retirarse, probablemente polas presións da comunidade benedictina do Val dos Caídos, favorable a unha negociación directa entre o Goberno e a Igrexa, sen expertos polo medio. O abade da basílica, frei Anselmo Álvarez, sinalou o pasado xoves que xa lera o informe, pero que non fará ningunha mención ata que as augas baixen «menos revoltas». «Non queremos que se saque de contexto a nosa opinión», asegurou o monxe.

Amosa a túa opinión sobre este artigo

Very HappySmileWinkSadSurprisedShockedConfusedCoolLaughingMadRazzEmbarrassedCrying or Very SadEvil or Very MadTwisted EvilRolling EyesExclamationQuestionIdeaArrowNeutralMr. GreenGeekUber Geek
Nome:
O teu correio:
Encabezamento:
Comment:
  Imaxe AntiSpam
Código Antispam:


 
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista
Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;