08 Out 2010 |
Rexeitamento aos Borbóns tamén en Miranda do Ebro
|
Rexeitamento aos Borbóns tamén en Miranda do Ebro
Tentouse encher a praza con nenos dos distintos colexios que foron levados alí para render honras ao Borbón ![]() A pesar do bando do alcalde co que se empapelado toda a cidade, boa parte da cidadanía mirandesa non viu bos ollos que os príncipes de Asturias visiten Miranda. Medio centenar de persoas concentráronse na rúa a Estación despregando unha bandeira republicana de grandes proporcións e leuse un comunicado lembrando "o ilegitima que é unha monarquía nomeada por un ditador fascista, que entre outras cousas fusilou por centos de antifascistas na nosa cidade". Felipe Borbón e Letizia Ortíz visitaron o concello, en cuxa praza, que distaba moito de estar chea, abundaban fundamentalmente nenos dos distintos colexios, que foron levados alí para render honras ao presunto herdeiro da Xefatura do Estado. Mentres tanto, algunhas persoas repartiron panfletos e outras exhibían bandeiras republicanas, algunha das cales foi arrebatada pola policía "por ser inconstitucional". Máis tarde, para darlle algún sentido á visita dos Príncipes e para dar mostras de que traballan levóuselles a inaugurar un centro de ADIF que leva anos en funcionamento, e despois o novo polígono industrial de Ircio, xusto á beira do poboado prerromano de Arce-Miraperez, que será destruído en parte pola estrada que se está construíndo para acceder a leste. Amosa a túa opinión sobre este artigo
|





