Artículos

Monarquía española, o legado do ditador

Actualmente, a monarquía española atópase por dicir dicilo, nunha situación complicada debido a situacións como a posible imputación da infanta Cristina ou as majestuosas cazarías do monarca en plena crise económica o ano pasado. A confianza e simpatía na coroa decrece por momentos. Agora é o momento de lembrar como foi a instauración da coroa despois de 45 anos sen ela.
 
Alfonso XIII, avó do actual monarca español Juan Carlos I, abandona España o día 14 de abril de 1931, despois que as eleccións municipais convocadas polo mesmo desen unha vitoria esmagadora aos partidos republicanos e o mesmo menciona a súa partida como a única solución para evitar unha guerra civil en España, unha guerra entre compatriotas. 
O mesmo 14 de abril proclámase a segunda república española que duraría até o final da guerra civil española, o 1 de abril do 1939, onde grazas á vitoria do bando nacional empezaría unha longa ditadura que tería como protagonista a Francisco Franco Bahamontes.
 
 
Franco a falta de sucesor masculino propón a Juan Carlos, como xa dixemos neto de Alfonso XIII, sucesor con titulo de rei, este feito consta na"Lei de sucesión de Xefatura de Estado de 1947" e ratificada polas Cortes Españolas o 22 de xullo de 1969. Aínda que por orde de sucesión o trono español pertencía a Juan de Borbón, as malas relacións entre Juan e Franco facían imposible a coroación de Juan despois da morte do ditador. O 22 de xullo de 1969 Juan Carlos presentaría xuramento de gardar e facer gardar as Leis Fundamentais do Reino e os principios do movemento nacional, ou sexa, seguir os obxectivos franquistas.
 
Despois da morte do ditador acaecida o 20 de novembro de 1975, Juan Carlos é proclamado rei nas Cortes Españolas xurando acatar de novo os principios do movemento nacional, aínda que non tería máis remedio que dirixirse a unha democratización do país se quería unha estabilidade.
Juan, pai do rei, e verdadeiro sucesor á coroa española renuncia aos seus dereitos dinásticos vendo a imposibilidade de acceder persoalmente ao trono, xa que o ditador deixou as cousas atadas e ben atadas.
 
Como vemos a coroa de Juan Carlos I non é máis que a herdanza política dun ditador para salvagardar a súa obra que durou case 40 anos de represión, e en nada consta o restablecemento da monarquía democraticamente, aínda que os monárquicos defenden a votación da constitución española de 1978, pero que remedio había, se era a única constitución realizada para acougar a todos os bandos nunha España recentemente saída do escurantismo e un rei apoiado por todo o exercito do país tal e como deixou ordenado Franco.
 
Actualmente o réxime pol­ítico español aínda que chamado democracia non é en se unha democracia, é unha monarquía parlamentaria cun xefe de estado, o rei, o cal non foi elixido o pobo, con liña sucesoria e segundo a Constitución Española "inxulgable" (ningún xuíz pódeo xulgar).
Está aquí: Home

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

r/ Olmos 16 - 18 1º - 15003 A Coruña

T. 981 200869

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Poemas da memoria