Artículos

O rei de España reúnese en segredo con ex presidentes para "apontoar" a monarquía

Os encontros con Felipe González, José María Aznar e José Luís Rodríguez Zapatero complementáronse cos que mantén co actual xefe do Executivo, Mariano Rajoy, e outro co actual líder da oposición, Alfredo Pérez Rubalcaba.
 
O monarca, de 75 anos, abordou cos seus interlocutores os asuntos que máis preocupan en España, a situación política e económica, tentando "propiciar acordos" sobre estes asuntos.
 
Un portavoz da Casa Real confirmou os encontros, que se celebraron ao longo de varios meses.
 
A popularidade do Rei, que aínda non retomou completamente a axenda pública tras a súa última operación de hernia discal, o pasado 3 de marzo, caeu notablemente nos últimos anos despois de varios escándalos que afectaron á institución.
No últimos tres anos, o apoio á monarquía caeu en picado, sobre todo por mor da imputación da filla do rei, a infanta Cristina, e do seu xenro Iñaki Urdangarín nunha gran trama de corrupción.
 
A valoración da poboación sobre a monarquía caeu a unha nota media dun 3,68 sobre 10 segundo unha sondaxe do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) publicado en maio.
 
Está aquí: Home

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

r/ Olmos 16 - 18 1º - 15003 A Coruña

T. 981 200869

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Poemas da memoria