Artículos

O día a día da barbarie nazi

Washington recupera catrocentas páxinas do diario dun dos confidentes de Hitler
O documento conta con datos sobre o Holocausto e detalles da ocupación da URSS
"A documentación é de enorme importancia", segundo o Museo do Holocausto
 
O Goberno de EE UU recuperou parte do diario dun dos confidentes e asesores máis próximos de Adolf Hitler, Alfred Rosenberg, que desempeñou un papel importante no exterminio de millóns de xudeus durante a II Guerra Mundial. Un descubrimento sobre o que as autoridades concluíron, tras unha avaliación inicial: "As 400 páxinas descubertas son un achado fundamental para entender mellor o Holocausto".
 
Alfred Rosenberg, sentado na súa cela, durante os xuízos de Nuremberg, en 1945
 
 
"A análise superficial do mesmo indica que o material poderá arroxar algo de luz sobre cuestións importantes vinculadas á política de Hitler. O diario será unha gran ferramenta para os historiadores para completar, ou contradicir, a información que se sabe até agora", sinala o informe do Museo do Holocausto de Washington. Un exame preliminar do Goberno afirma que o dietario podería ofrecer un novo punto de vista sobre as reunións de Rosenberg con Hitler e outros líderes nazis, como Himmler e Goering. Ademais, inclúe detalles sobre a ocupación alemá da URSS, tamén os plans para o asasinato masivo de xudeus e europeos do Leste.
 
 
O diario está formado por un conxunto de recordos de Rosenberg, desde a primavera de 1936 até o inverno de 1944, segundo informou onte Reuters. A maioría dos textos están escritos en cursiva e algunhas das páxinas foron cortadas dun libro de contabilidade.
 
Tamén incorpora detalles sobre as tensións entre os altos mandos alemáns, en particular a crise causada polo voo de Rudolf Hess a Reino Unido en 1941, e o saqueo de arte en Europa.
 
Aínda non está claro como estes escritos poderían modificar o noso coñecemento da época. A presentación oficial de parte do caderno persoal de Rosenberg será esta semana en Delaware, nunha rolda de prensa conxunta na que participarán o Departamento de Inmigración, o Departamento de Xustiza e membros do citado museo.
 
Rosenberg (1893-1946) foi un ideólogo nazi, así como autor de libros como O mito do século XX (1930). Exerceu de xefe do Departamento de Asuntos Exteriores do Partido Nazi en 1933. En 1940, fundou unha organización denominada Imperio Rosenberg, cuxa misión era saquear e confiscar os tesouros culturais de toda Europa. Xulgado como criminal nazi ante o Tribunal Militar Internacional en Núremberg en 1945, Rosenberg foi declarado culpable e condenado á morte. Foi aforcado en 1946, xunto a outro nove altos dirixentes.
 
Estas 400 páxinas do diario foron descubertas en Buffalo, no Estado de Nova York, e crese que foi Robert Kempner, alemán de nacemento e un dos fiscais de Nuremberg, quen o escondeu na súa casa. O Goberno de EE UU sinaloulle como sospeitoso de traficar co material. Kempner voou a EE UU durante os anos trinta para escapar do nazismo, e non volveu ata que se deron por finalizados os xuízos despois da guerra. Ademais, citou algúns extractos do diario de Rosenberg nas súas memorias.
 
O diario foi motivo de controversia, especulación e intriga desde a morte de Kempner, en 1993. Segundo a citada axencia, durante máis de 10 anos os seus papeis foron obxecto de disputas legais entre os seus fillos e outras persoas interesadas, entre elas o propio Museo do Holocausto. Nun principio os fillos estiveron de acordo con doar os documentos do seu pai a este museo, pero cando os oficiais do Goberno foron a recuperalos á casa de Kempner déronse conta de que faltaban moitos miles de páxinas, segundo o informe. A FBI abriu unha investigación sobre o caso, aínda que non se presentou ningún cargo. O Museo do Holocausto chegou a recuperar até 150.000 páxinas, pero o diario seguía desaparecido.
 
A principios de 2013, o museo e un axente de Investigación e Seguridade Nacional de EE UU empezaron a buscar as páxinas desaparecidas. E as pistas leváronlles, a través do exsecretario de Kempner,  até un profesor universitario, Herbert Richardson, residente en Buffalo, que se negou a facer comentarios.
Está aquí: Home

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

r/ Olmos 16 - 18 1º - 15003 A Coruña

T. 981 200869

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Poemas da memoria