Harry Natowitz é un sobreviviente do Holocausto nazi, nacido en Dresden (Alemaña) en 1928. Despois da chamada "Noite dos cristais rotos" en novembro de 1938, foi enviado cun transporte de nenos a Anveres, Bélxica, onde coñeceu ao seu primo Isidor Springer, que loitou nas Brigadas Internacionais contra Franco.
Despois de regresar a Dresde en outubro de 1939, tivo que exiliarse cos seus pais a América do Sur. En Arxentina coñeceu a moitos exiliados españois que lle explicaron o que supuxera para eles o fascismo en España.
En 2012 estivo xunto ao equipo da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) nunha entrega de restos en Chillón (Cidade Real), na que 9 veciños da localidade poderían recibir por fin a homenaxe que se merecían, tanto por parte dos seus familiares como tamén das autoridades e veciños. Supuxo para Harry Natowitz "pechar un círculo", homenaxeando en certa maneira ás súas máis de 20 familiares asasinados en campos de concentración e exterminio nazis.
Tras coñecer o veto do Parlamento Europeo á exposición "Exhumando Fosas, Recuperando Dignidades", escribiu e remitiu esta carta ao seu Presidente, Martin Schulz.

