Artículos

Iñaki Urdangarín captou fondos para a entidade que substituíu ao Instituto Nóos

 

"O importante é que as empresas saiban a conta para os donativos", di un correo
 
 Iñaki Urdangarín envorcouse, entre 2006 e 2009, na captación de fondos para a Fundación Deporte, Cultura e Integración Social (Fdcis), a entidade que substituíu ao Instituto Nóos nos negocios ilegais do xenro do Rei. Mario Sorribas, un exempleado do armazón e próximo ao duque, achegou ao xuíz unha segunda quenda de corenta e oito correos que revelan como funcionaba Fdcis.
 
Pola súa banda, a Audiencia de Palma decidiu confirmar a fianza de 8,1 millóns imposta polo xuíz a Urdangarín e ao seu exsocio Diego Torres, pero aceptou descontarlles o IVE. Mentres, axénciaa Efe informou de que a Avogacía do Estado apoia achegar o IRPF da infanta Cristina despois de renunciar a acusala de delito fiscal. No seu último auto o xuíz do caso afirma que canto máis nos acheguemos ao núcleo de poder máis sensibles serán quen resulten imputados".
 
Nas novas mensaxes aparecen Diego Torres e a súa esposa Ana María Tejeiro, aos que Sorribas atribúe un papel dirixente na Fundación. Urdangarín é consultado sobre a entidade. A el atribúeselle tratar con empresas que poderían achegar fondos. Oficialmente apartouse de Nóos por consello do Rei.
 
A maioría dos e-mails son da primeira época de Fdcis, aínda que Sorribas entregou outros sobre os servizos para a candidatura olímpica de Madrid e polos que a Fundación cobrou case 150.000 euros.
 
Fdcis dedicouse a contactar con grandes compañías para conseguir financiamento. Sorribas mandou un correo o 8 de xaneiro de 2007 a Urdangarín para consultarlle sobre a carta de presentación para clientes. Volvo foi un dos primeiros patrocinadores. O duque respóndelle cun "paréceme perfecto". Pero avísao: "O importante é que as empresas saiban en que conta teñen que facer os donativos". Outras mensaxes destacan a distinción entre potenciais doantes e organizacións que non achegaban diñeiro.
 
O 5 de xaneiro de 2007 Torres escribe a Sorribas. Explícalle que Urdangarín díxolle que Cooperación Andina de Fomento (CAF), unha ONG venezolana, "vai darnos diñeiro". Torres aconsella que esta entidade sexa atendida por Sorribas e "se vemos que non hai diñeiro", traspasaríase a outra empregada da Fundación. Torres notifica a Sorribas que hai tres empresas que "son contactos de Iñaki", pero menciona catro: "Acción Media, Carles Colomé, Chrysler e Sony".
 
Un mes antes, o exsocio informa a Sorribas das xestións feitas polo xenro do Rei para que Volvo pague cen mil euros prometidos. "Pedinlle a Iñaki que o chame xa (a Volvo), que lle diga que nos faga a achega". Os e-mails falan doutros posibles clientes e mencionan a Telefónica, a empresa para a que empezou a traballar o duque tras deixar Nóos. Urdangarín é o contacto entre Fdcis e Telefónica. Nunha mensaxe de 2006 Torres pídelle a Sorribas que quede co duque "para actuar sobre Telefónica". Noutro aconsella "pedir permiso a Iñaki".
Usted está aquí: Home

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

r/ Olmos 16 - 18 1º - 15003 A Coruña

T. 981 200869

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Poemas da memoria