Artículos

Conferencia de Aurora Marco: "Elas, as invisíbeis. Silencios e voces das represaliadas"

 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anuncia a próxima conferencia dos VI Encontros Cidade da Coruña, que terá lugar mañá xoves 18 de abril, ás 20.00, no Salón de Actos da Real Academia Galega, a cargo da profesora Aurora Marco, que tratará o tema "Elas, as invisíbeis. Silencios e voces das represaliadas", unha viaxe sobre o exilio das mulleres galegas, silenciadas pola historia tradicional.

Tras unhas consideracións xerais sobre as palabras das mulleres e sobre a escrita autobiográfica feminina, analisaranse e comentaranse dous textos que recuperan as voces da memoria democrática: Éxodo (1940), de Silvia Mistral, e Memorias dunha republicana (2012), de Teresa Alvajar López. Para finalizar, proxectarase un capítulo do documental As silenciadas, de Pablo Ces, Premio Mestre Mateo 2012.

 

Usted está aquí: Home

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

r/ Olmos 16 - 18 1º - 15003 A Coruña

T. 981 200869

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Poemas da memoria