"As columnas galegas cara a Oviedo. Diario bélico da guerra civil española (1936-1937)"

"As columnas galegas cara a Oviedo. Diario bélico da guerra civil española (1936-1937)"

Faustino Vázquez Carril. Edición e estudo de Emilio Grandío Seoane





A obra que ten o lector entre as mans componse de dúas partes complementarias. Na primeira preténdese unha aproximación ao que supuxo nos primeiros meses do conflito bélico o desprazamento con carácter urxente de varios miles de soldados e voluntarios desde os cuarteis galegos co obxectivo de «liberar» canto antes do asedio ao Oviedo do sublevado xeral Aranda. A toma da cidade converteuse en «o segundo Alcázar». Só pasaran dous anos desde a revolución fracasada de outubro de 1934: o seu papel simbólico entre as filas dos sublevados foi enorme.

Na segunda transcríbese o manuscrito titulado Apuntamentos do meu blok. Diario bélico-guerra civil española 1936-37, cuxo autor, Faustino Vázquez Carril, coñecido en Monforte como o Meana, era un soldado de substitución do Parque de Artillaría coruñés que se despraza nos primeiros días de agosto coas columnas galegas cara a Oviedo. Faustino era un mozo como tantos outros daqueles anos. Un mozo formado nos Escolapios de Monforte ao que lle gustaba escribir e que tivo a idea de redactar un diario de campaña co desexo de velo nalgún momento publicado. O autor fai un percorrido por todo o que escoitou e viu desde o 20 de xullo de 1936, momento no que está na súa localidade natal de Monforte, até o achado do seu diario nos primeiros días de 1937. O destino non xogou ao seu favor. Estes borradores, que nalgúns dos seus orixinais ?conservados no Arquivo Militar de Ferrol? aínda teñen o barro dos campos de batalla asturianos onde se redactaban a lapis, foron achados no Hospital da Coruña onde se atopaba. Denunciado polas opinións vertidas nel, Faustino pasou por un consello de guerra, foi condenado a pena de morte e finalmente fusilado.
Usted está aquí: Home Colaboras? Textos Textoscat "As columnas galegas cara a Oviedo. Diario bélico da guerra civil española (1936-1937)"

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

r/ Olmos 16 - 18 1º - 15003 A Coruña

T. 981 200869

Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla.

Poemas da memoria

>