11 Set 2011 |
Unha heroína galego-catalá
|
Unha heroína galego-catalá
O 16 de xaneiro do presente ano cumpríronse cen do nacemento de Mercedes Núñez Targa (Barcelona, 1911-Vigo, 1986) filla de José Núñez Otero, galego de Bergondo e de Angela Targa Guitart, barcelonesa. Mercedes Núñez, filla de familia moi acomodada, tiña inquietudes pouco acordes cos proxectos vitais dos seus proxenitores: cantaba no Orfeón do Centro Galego, leia libros inconformistas, gustaba da poesía, e o 14 de abril de 1931 o seu corazón de muller nova e idealista fué unha festa. Nos anos da Segunda República fué socia activa do Ateneo, membro dunha asociación ecologísta (avant a lettre), secretaria de Pablo Neruda no Consulado chileno de Barcelona (1934) e militante das Mocidades Socialistas Unificadas (xa en abril do 36). A partir de agosto dese ano defenderá a República desde a súa militancia comunista.Cando cae Cataluña (febreiro de 1939) , a Mercedes novo de 28 anos, asígnanlle a dificilisima tarefa de reconstruír a organización do partido en Galicia, empresa que desbarata a policía, na Coruña, o 10 de novembro dese mesmo ano. Ingrésana despois dos «hábiles interrogatorios», nunha prisión madrileña sobre a que ela, xa en liberdade e en Francia, escribirá a primeira novela: Cárcere de Vendas (París, 1967). Esta prisión de mulleres, ideada con criterios humanitarios por Vitoria Kent para 500 reclusas, albergaba en 1939, o ano das «13 rosas», mais de 6.000. Dirixía ese almacén de presas políticas unha monxa, Carmen Castro. Os biógrafos contan que Mercedes, aínda católica, perdeu a fé nesas datas. Condenda Mercedes a doce anos e un día, beneficiouse dun erro da burocracia franquista grazas á cal fué excarcerada en xaneiro de 1942 co compromiso de presentarse ao xuíz cada quince días. Unhas semanas despois cruzaba, clandestinamente, en compañía dun experto camarada, a fronteira francesa. Eran os tempos de Petain, enrólase na resistencia, loita mais de dous anos e, en maio de 1944, cae nas mans de René Bach, oficial da Gestapo condenado á morte en setembro de 1945 polo tribunal de Carcassonne, oidos, entre moitos outros, o testemuño de Mercedes Núñez. Cando finaliza a Segunda Guerra Mundial, Mercedes levaba dez meses, case extenuada, no campo de concentración de Ravensbrück, experiencia sobre a que escribiu o libro en catalán O carretó dels gossos (A carreta dos cans). Cónstame que ese título, o da primeira edición (1980), non é da autora, é da editorial. O mes que vén publicará Renacemento a primeira edición en castelán co título Destinada ao crematorio, texto traducido por Pablo Igrexas, fillo da escritora, e a súa compañeira Ana Bonet Solé. Mercedes Núñez Targa que non é duquesa da Alborada, é patrimonio da humanidade.
|





O 16 de xaneiro do presente ano cumpríronse cen do nacemento de Mercedes Núñez Targa (Barcelona, 1911-Vigo, 1986) filla de José Núñez Otero, galego de Bergondo e de Angela Targa Guitart, barcelonesa. Mercedes Núñez, filla de familia moi acomodada, tiña inquietudes pouco acordes cos proxectos vitais dos seus proxenitores: cantaba no Orfeón do Centro Galego, leia libros inconformistas, gustaba da poesía, e o 14 de abril de 1931 o seu corazón de muller nova e idealista fué unha festa. Nos anos da Segunda República fué socia activa do Ateneo, membro dunha asociación ecologísta (avant a lettre), secretaria de Pablo Neruda no Consulado chileno de Barcelona (1934) e militante das Mocidades Socialistas Unificadas (xa en abril do 36). A partir de agosto dese ano defenderá a República desde a súa militancia comunista.






