Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

11
Ago
2010
Presentación do libro: "Memorias dun mariñeiro republicano: José Oliveira Avendaño"
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Antonio Nores Soliño para Cangas 2010 Memoria Histórica   
Presentación do libro: "Memorias dun mariñeiro republicano: José Oliveira Avendaño"





Editorial Morgante.

Sábado, 14 de agosto 2010, ás 13 h. no Salón de Plenos do Concello de Cangas.
Coloquio: Nieves Oliveira (filla), A. C. A Cepa, X.Manuel Muñiz (Aetinape), Camilo Caamaño (Asociación Memoria Histórica 28 de agosto)


Chegamos en 2010 aos cen anos do nacemento de Oliveira, compañeiro pescador que deixou unha fonda pegada entre todos os que o coñecemos e tivemos a ocasión de traballar con él,

Olveira viviu no 36, cando os reaccionarios se levantaron en armas contra o soño dunha República igualitaria, dun mundo máis xusto, máis solidario, máis feliz. El foi contemporáneo da Guerra Civil española, e sempre lembrou ese episodio no que tantas ilusións morreron baixo as armas.

Os que aínda non naceramos teremos sempre que agradecerlles a súa loita por reconquistar a liberdade truncada polos bombardeos fascistas.

Pero Xosé foi sobre todo un home de mar, como demostran as súas 6 voltas ao mundo a bordo do Juan Sebastián Elcano entre os anos 28 e 34, e que fose o primeiro capitán do buque oceanográfico Cornide Saavedra.

Foi mestre da principal materia do mar, desa que se chama vocación.

E tamén foi mestre incombustible na tarefa inxente de construír esta profesión, de unir ilusións das que participamos miles de compañeiros.


 
Venres, 18 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

¡Probe Galiza, que sangras

por mil feridas abertas!

¡Malia qénes che as fixeron!

¡Malia quénes che encadean!


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República