Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

10
Abr
2010
Un galego levará a causa da memoria histórica aos tribunais arxentinos
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Tino Novoa para "La Voz de Galicia"   

Un galego levará a causa da memoria histórica aos tribunais arxentinos

A máis que probable inhabilitación do xuíz Baltasar Garzón desatou unha reacción de solidariedade que vai desde os artigos de sorpresa e mesmo condena de xornais de todo o mundo até unha cadea de iniciativas xudiciais que poden levar a causa da memoria histórica aos tribunais arxentinos da man dun galego, Darío Rivas, cuxo pai, entón alcalde de Castro de Rei, foi fusilado en outubro de 1936 polos levantados contra a legalidade.


Os familiares das vítimas de crimes do franquismo, á vista de que a súa causa entrou en vía morta en España, presentarán o vindeiro mércores, día que se conmemora a proclamación da II República, nos tribunais federais de Arxentina (equivalentes á Audiencia Nacional española) unha querela por xenocidio cometido polo réxime franquista entre 1936 e 1977. O fundamento da querela será o fusilamento do pai de Darío Rivas, que xa residía en Arxentina cando o alcalde de Castro de Rei, o socialista Severino Rivas, foi asasinado. Segundo o avogado que representa a familiares dos 113.000 desaparecidos rexistrados, Carlos Slepoy, «o obxectivo é evitar que eses crimes queden impunes».

Pero non será a única iniciativa xudicial. Os familiares dos desaparecidos de Cataluña e Baleares presentarán o luns unha querela por prevaricación contra Luciano Varela, o xuíz que está a piques de sentar no banco a Garzón. Os querellantes acusan o instrutor de deixalos «indefensos» ao procesar a Garzón e de facelo como «unha utilización política que ignora as leis internacionais».

«Parodia de xustiza»

Mentres, séguense multiplicando as mostras de apoio internacional a Garzón. Onte,
 o diario The New York Times publicou un duro editorial no que cualifica a causa de «parodia de xustiza» e precisa que «os verdadeiros crimes neste caso son as desaparicións, non a investigación de Garzón». E o instrutor da causa contra Pinochet en Chile, Juan Guzmán, dixo onte que a Xustiza española quedará «moi mal» si procesa a Garzón, quen, dixo, «está a actuar cunha dignidade extraordinaria



 
Venres, 18 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Déixame morrer no leito

soñando con froles dóuro

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República