27 Feb 2008 |
Matilde Landa: Loitadora antifranquista
|
Matilde Landa: Loitadora antifranquista
Foeminas.lugo.es .- Historias de mulleres
Todo iso é unha boa metáfora acerca do ambiente no que Matilde sería criada. A súa avoa era filla da afamada poeta pacense Carolina Coronado e o pai de Matilde tiña ademais unha forte vinculación coa Institución Libre de Ensino (ILE) xa que a través dos seus estudos forxou amizade con Francisco Giner de los Ríos e Manuel Bartolomeu Cossío entre outros, chegando a formar parte do primeiro grupo de accionistas do Boletín da ILE, publicación e institución que sería un referente para a educación de todos os seus fillos, incluíndo Matilde, que estivo dentro do krausismo e da ILE.
Anotaremos aquí a tales efectos que Jacinta, unha das irmás de Matilde e mestra, estivo ademais casada co filósofo e intelectual Xohán Vicente Viqueira, discípulo de Giner dos Ríos, profesor da ILE e ilustre galeguista, membro das Irmandades da Fala da Coruña e colaborador da Nosa Terra. Non hai que esquecer que a relación da familia Landa con Cossío daría como froito a amizade de Matilde coa filla deste, Julia Cossío López coa que pasaría moitos veráns nun pazo que a familia tiña en San Fiz de Vixoi, en Bergondo (A Coruña). Matilde xa desde a súa adolescencia mostraba un carácter de enormes inquietudes, moi interesado en coñecer e aprender, de feito hai constancia dunhas traducións súas con 16 anos dos contos de Alphose Daudet en La Región Extremeña, pois lía francés desde os 13 anos. Por iso en canto puido mostrou a súa decisión de comezar a estudar primeiro na Escola de Comercio da Coruña e máis tarde en Madrid, vivindo na Residencia de Señoritas relacionada coa Residencia de Estudantes, dirixida por María de Maeztu. A saúde fixo que os seus estudos interrompésense tendo que marcharse a Salamanca onde aproveita para ler e establecer amizade co libreiro da xeración do ?27, León Sánchez Cuesta. Volverá a Madrid en 1929 onde se licencia en Ciencias Naturais na universidade, lugar no que se afianzarían as súas ideas republicanas e progresistas. No ano 1930, Matilde casa con Francisco López Ganivet, sobriño de Ángel Ganivet Garcíua, precursor da Xeración do 98. Residiron na Colonia da Residencia un lugar próximo á Residencia de Estudantes e no que vivían parte dos intelectuais da época. Froito do matrimonio nacen Carmen en 1931 e Jacinta en 1933, aínda que esta última falecería aos poucos meses do seu nacemento. A educación da súa filla Carmen estivo sempre adscrita á ILE e dela consérvase unha colección de cartas escritas pola súa nai que foron fundamentais para a reconstrución biográfica de Matilde Landa. Durante estes anos pouco se sabe da súa profesión aínda que se sabe que a finais da República traballaba nun laboratorio como empregada do doutor Gonzalo Rodríguez Lafora. Desde que en 1931 o Partido Comunista (PC) falou das excelencias da democracia republicana en España, Matilde, como tantas outras mulleres, optou por implicarse en cuestións políticas atraídas polo modelo socialista soviético. Así en 1934 Matilde participa no congreso fundacional do Comité Nacional de Mulleres contra a Guerra e o Fascismo. Ademais neste ano Matilde afiliaríase ao Socorro Rojo Internacional (SRI), organización vinculada á Internacional Comunista, que realizaba campañas de apoio aos prisioneiros comunistas e que reunía apoio material e humanitario en situacións especificas. A Sección Española do SRI fora fundada en 1923 e a súa principal actividade consistira na axuda aos presos e a realización de campañas pola amnistía. O seu apoio ao SRI foi a canle de entrada de Landa no PC no ano 1936. Ao estalar a Guerra Civil Española Matilde púxose ao servizo do seu partido e enrolouse no batallón feminino do Quinto Rexemento de Milicias Populares, que seguindo a idea de Dolores Ibarruri, pretendía que as mulleres combatesen na fronte como o facían os homes. Finalmente esta iniciativa fracasou polo rexeitamento dos seus compañeiros homes. E aínda que Matilde aprendeu a usar fusil, pistolas e lanzar granadas, encargaríase finalmente do persoal do Hospital Obreiro ou Hospital de Maudes, e así o SRI encargaríase de formar unha potente estrutura sanitaria. Alí foi onde Matilde se gañou o alcume de "Monxa Laica" que usaban os médicos debido ao seu carácter apracible, acougado, cariñoso e resolto a pesar de ser ela quen interviña en todos os conflitos do hospital, tanto nos políticos, económicos ou de abastecemento. No 36 debido ao avance franquista o Hospital de Maudes foi evacuado, e Matilde marcha a Valencia para reorganizar o SRI. No 37 Matilde será a responsable do auxilio aos refuxiados, concretamente da evacuación de nenos e da inspección de colonias infantís e comedores. É moi importante a súa presenza no cuartel xeral das Brigadas Internacionais, en Albacete, tamén en Madrid, en Estremadura, en Aragón, en Córdoba, e especialmente no avance da ofensiva sobre Málaga, onde os testemuños orais recordan que grazas ao seu carácter firme conseguiu que as mulleres e nenos/as puidesen subir de xeito prioritario aos camións fronte á avalancha de persoas. A súa saúde debilitábase pero ela rexeitou a posibilidade de que o partido a retirase a París. Tras deixar o cargo de Tesoureira do Padroado da Casa Central de Maternidade-Escola Oficial de Matronas de Valencia, Matilde solicitou participar na evacuación do Principado, pero non foi posible debido a problemas de transporte e de saúde desta. Aínda así, momentaneamente reposta, en abril do 38 realizaría tarefas de apoio aos refuxiados republicanos da zona de Mérida. Nese mesmo mes incorpórase á sección de Información Popular da Subsecretaría de Propaganda do Ministerio do Estado, colaborando ademais durante estes meses coas organizacións antifascistas estremeñas organizadas na zona republicana. Durante o verán dese ano será membro da Xunta Directiva da Casa de Estremadura en Barcelona. A súa frenética actividade por diferentes cidades do Estado español marcou as súas ausencias e fíxolle tomar a decisión de enviar á súa filla Carmen á Unión Soviética ata o final da guerra. Esta actividade que parecía desbordala fíxolle afirmar nalgunha ocasión: " é a nosa obriga, como mulleres antifascistas". Todo iso converteuna nunha das mulleres máis imprescindibles do momento, querida e admirada por moitos intelectuais, tanto é así que a ela lle dedica o poeta Miguel Hernández un dos seus poemas: En la tierra castellana A Matilde, de Miguel En novembro do 38 Matilde Landa participou no Congreso Nacional de Solidariedade, celebrado en Madrid. Alí sería elixida membra do Comité Executivo Nacional do SRI. A pesar de que residía en Barcelona, a través dunha viaxe clandestina por estrada e tras a caída da cidade, chega a Madrid onde será a encargada de organizar o PCE ante a inminente entrada das tropas franquistas na capital. Tras o golpe militar de Casado, Matilde xa sabía que a guerra estaba perdida pero aínda así asumiu o seu traballo como Subsecretaria de Propaganda ata principios de marzo. Cristina Corral Soilán Fontes:
|













