10 Mar 2010 |
Zapatero recibe unha solicitude para condecorar a Toru Arakawa, o xaponés que axudou a abrir fosas d
|
Zapatero recibe unha solicitude para condecorar a Toru Arakawa, o xaponés que axudou a abrir fosas da Guerra Civil A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) solicitou ao presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, que conceda a Orde ao Mérito Civil a título póstumo a Toru Arakawa, un cidadán xaponés que durante tres anos viaxou cada verán a España para colaborar desinteresadamente na exhumación de fosas da Guerra Civil. Arakawa faleceu o pasado cinco de outubro, aos 71 anos. O recorte dun xornal xaponés que falaba da recuperación da memoria histórica levoulle da súa casa en Niigata até Ponferrada para coñecer ao vicepresidente da ARMH, Santiago Macías, que pensou, cando chamou á súa porta, que se trataba dunha broma. Lera moitos libros da Guerra Civil española e ao ver unha noticia nun xornal xaponés falando da apertura de fosas, non o dubidou, e cruzou o mundo para vir axudar. A ARMH lembra que segundo o regulamento, a Orde ao Mérito Civil concédese "ás virtudes cívicas dos funcionarios ao servizo do Estado, así como os sercivios extraordinarios dos cidadáns españois e estranxeiros no ben da Nación". Emilio Silva, presidente da asociación, cre que Arakawa cumpre ese requisito con fartura. Ao regresar a Xapón adoitaba organizar charlas na súa casa para explicar o que estivera facendo en España. Nunha entrevista ao PAÍS explicou que os seus amigos sempre lle facían a mesma pregunta: "Por que segue habendo fosas tantos anos despois e a morte de Franco?
|












