Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

06
Mar
2010
Falanxe: "Garzón non se libra desta"
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Natalia Junquera para "El País"   

Falanxe: "Garzón non se libra desta"

Os escándalos que afectan ao PP

"Esta vez Garzón non se vai a librar desta", tranquilizou o vicesecretario xeral de Falanxe das JONS, Jorge Garrido, a unha das asistentes á rolda de prensa que a organización ofreceu onte en Madrid para "explicar os motivos da querela contra o xuíz" por abrir unha causa contra os crimes do franquismo. "Oxalá", respondeulle a asistente.

 "Depositastes xa a fianza no Supremo?". O secretario xeral, Norberto Pico, explicou que chegaran aos 6.000 euros que lles esixía o tribunal grazas a donativos anónimos, ás veces de tan só dous euros, polo que podería considerarse a súa querela como "unha acusación popular".

Pico asegurou que os falanxistas non só non cometeran crimes durante a Guerra, senón que tentaran evitalos pedindo clemencia e que por iso algún dos seus membros fora condenado á morte. Á pregunta de quen cría entón que levara aos miles de fosas repartidas por España aos familiares das persoas que pediron auxilio a Garzón, respondeu: "Os falanxistas non eran tantos como dicía Garzón. É certo que puido haber xente que utilizando a bandeira de Falanxe cometese desmáns, pero foron os menos, e hai organizacións vixentes que tamén os cometeron". Aseguran que eles non son herdeiros do franquismo: "O son algúns do PP, o Rei ou os sindicatos".



 
Venres, 18 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Se o pasado é pasado

i o presente é o urgente

por qué inda busca a xente

aquil soño clausurado?

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República