Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

05
Feb
2012
Non agrandemos o erro
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Isaías Lafuente para "Europa Press"   
Non agrandemos o erro

Por primeira vez os xuíces tiveron a ocasión de escoitar en sede xudicial o relato pormenorizado do horror franquista en boca das súas vítimas


O inaudito procesamiento contra o xuíz Baltasar Garzón tivo unha virtude sobrevinda: por primeira vez os xuíces do Tribunal Supremo han tido a ocasión de escoitar en sede xudicial o relato pormenorizado do horror franquista en boca das súas vítimas. Non será para xulgar os crimes cometidos senón para determinar se o xuíz que tentou investigalos prevaricó ao facelo. Foi estremecedor o testemuño de María Martín, unha anciá de 81 anos que tiña tan só seis cando levaron á súa nai para asasinala o 21 de setembro de 1936. Aínda que di saber o lugar no que está o corpo, declarou que todas as xestións realizadas para recuperalo fracasaron. A súa presenza foi conmovedora, como o foi tamén unha ausencia, a de Jesús Pueyo, outro ancián que soñaba co día en que podería relatar o horror do asasinato do seu pai, de tres tíos e de dúas curmás en Uncastillo (Zaragoza), un lugar no que non houbo fronte de guerra. Ensaiaba cada día o seu relato fronte á súa muller para, chegado o momento, non derrubarse ante o Tribunal. Pero non chegou: o home faleceu hai un mes.

Nin María nin Jesús son persoas de memoria advenediza. Por razóns obvias tiveron que gardar un ominoso silencio durante o catro décadas que durou a ditadura que asasinou os seus familiares. Pero chegada a democracia comezaron a mobilizarse para recuperar os corpos, a historia e a dignidade dos seus desaparecidos. Desde 1977, Jesús Pueyo escribiu ao Rei, ao presidente de Goberno, a Nacións Unidas, ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos e á Conferencia Episcopal, recibindo en todos os casos a calada por resposta. Ata que chegaron, arroupados por unha vintena de asociacións de vítimas, á Audiencia Nacional, onde o xuíz Garzón decidiu que era o seu deber saber se era competente para investigar os crimes, se habían prescrito ou non e se quedaba algún autor vivo a quen imputarllos. Por iso senta hoxe no banco.

A Transiciónespañola, modélica en tantas cousas, foi incapaz de xulgar os desmáns do franquismo ao seu debido tempo. Ese erro, gravado a lume na nosa historia, seguramente xa non teña remedio. Pero conviría non agrandalo condenando ao xuíz que un día tentou atopar nas físgoas da lei unha vía para facer xustiza.


 
Venres, 18 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

¡Probe Galiza, que sangras

por mil feridas abertas!

¡Malia qénes che as fixeron!

¡Malia quénes che encadean!


English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República