Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

02
Feb
2012
A morte de Fraga e o franquismo sociolóxico
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Manu García para "anarkismo.net"   
A morte de Fraga e o franquismo sociolóxico

O franquismo está máis vivo que nunca. De feito, nunca se foi do todo. A desaparición física das súas valedores non significa que o seu legado estea a desaparecer con eles.

O franquismo non pode entenderse, tal como pretendeuse vender, como un paréntese de 40 anos na vida española, como unha ditadura anacrónica exercida por unha minoría de sinistros personaxes. Foi unha saída plena de racionalidade, promovida polos donos do país fronte o ascenso das clases populares. Non supuxo un paréntese, senón unha rearticulación a fondo, política, económica e cultural, a través da implantación de novos códigos, valores, institucións e leis apuntando precisamente a desarticular a resistencia dos de abaixo e garantir a acumulación privada de capital sen sobresaltos. Comprenderon que non bastaba coa represión física, que ?cortar a mala herba? non era suficiente: había que arrincala de raíz e plantar de novo.

O franquismo non morreu con Franco, foi reformado cosméticamente, sen tocar nun chisco as súas bases. Nin a estrutura da propiedade nin os aparellos do Estado. As eleccións e a liberdade de prensa por si soas non garanten unha sociedade democrática, cando todo o demais conspira contra ela. Adaptacións funcionais aos novos tempos e a unha contorna internacional cambiante, integración da socialdemocracia e anulación do rupturismo. Gatopardo: que algo cambie para que todo siga igual. Fraga como paradigma e mestre na arte da supervivencia política. Non é estraño que lle homenaxeen.

O machaqueo permanente contra a cultura popular, obreira e de esquerda e a promoción da súa contracara individualista, alienante e competitiva, a ofensiva en todas as frontes contra o público e a exasperante debilidade da resposta ante esas agresións mostran o éxito innegable do franquismo. As sementes que plantou ben profundo seguen rendendo os seus froitos, adecuándose aos ritmos do capitalismo financeiro e aos seus imperativos.

Si, este ano está a vir duro, pero precisamente por iso hai que sacudirse o pesimismo.

Unha nova xeración está a espertar á vida política, desconfiando das formas e fórmulas herdadas, buscando claves para entender unha realidade ingrata e que resultou ser moi diferente do esperado.

Dixeron que eramos "a xeración máis preparada da historia". Prometéronnos vivir mellor sen pensar demasiado, o único que tiñamos que facer era non saírnos do guion establecido e non facernos demasiadas preguntas.

Ninguén pode negar que cumprimos nosa parte. A palabra "sindicalismo" desapareceu do noso dicionario ou adoptou un novo significado e asumimos que o camiño a unha vida mellor era individual e intransferible. Aínda que traballásemos 10 horas ao día e sen contrato, como tiñamos cada vez máis cachivaches, asumimos que eramos clase media e que, de feito, iso das clases era cousa do pasado. Desentendímonos da política, de toda a política. Consumimos todos os produtos intelectuais e materiais que nos venderon, en man ou a prazos, pero non obtivemos a recompensa prometida.

Vivimos peor que os nosos pais e iso, máis que indignarnos, deixounos descolocados. Aínda non nolo acabamos de crer. Estamos a superar a etapa do desconcerto, buscando atoparnos cos nosos iguais, remando en contra da desidia, do illamento e da cultura individualista imposta, que cargamos como unha pesada mochila sobre as nosas costas. A gatiñas, tratamos de levantarnos do chan, aprendendo de novo a andar colectivamente. Vai tomar tempo e non vai ser nada fácil. Pero nesas estamos, non nos queda outra.


 
Venres, 18 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 
English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República