Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

27
Xul
2010
A memoria histórica (II)
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Alfredo Iglesias Diéguez para "Galicia Hoxe"   
A memoria histórica (II)

Na anterior entrega deste artigo, concluía afirmando que as tropas fascistas e os seus aliados civís perpetraron sobre o pobo galego un brutal masacre, fundamentalmente nos meses de xullo e agosto do 36, aínda que o período represivo e depurador non rematou ata 1954, polo que son cada vez máis os historiadores que falan de longa guerra civil galega. Eis a realidade histórica; non hai outra lectura posible.





Non obstante, o novo poder, instaurado pola vía da violencia e do terror, construíu unha imaxe falsa das súas vítimas, dándose o paradoxo de que aqueles que traizoaran a legalidade vixente e reprimiran ferozmente os defensores da legalidade republicana -os defensores da democracia e da liberdade, non o esquezamos-, convertéronse en honorables e respectables persoas de ben, mentres que as súas vítimas pasaron a ser criminais e facinorosos. Sendo esa a imaxe que, aínda hoxe, perdura na maioría da sociedade sobre esas vítimas da violencia franquista, que seguen a ser consideradas perigosas desestabilizadoras da orde social.


Daquela, para reparar esa inxustiza histórica, cómpre, primeiro, condenar o franquismo como sistema político e, logo, declarar nulas todas as sentenzas que os consellos de guerra ditaron durante a longa guerra civil. As razóns son evidentes.

Resulta unha obviedade que non debería explicarse, que mentres a condena do franquismo non sexa plenamente asumida por toda a sociedade, as vítimas do terror franquista nunca poderán ser rehabilitadas, pois resulta evidente que se os represores están exentos de culpa, as súas vítimas seguirán sendo culpables; culpables dun crime que só é comprensible no marco dunha ditadura: a defensa da democracia e da liberdade. Esa condena é primordial, sobre todo neste momento no que asistimos a unha revisión historiográfica da II República, a guerra civil e o franquismo, que, malia o seu escaso interese histórico, ten un notable éxito mediático e obedece a unha evidente estratexia política, como proba sobradamente Alberto Reig Tapia no ensaio Revisionismo y política (Foca, 2008). Velaí están os discursos, ultimamente asumidos tamén por respectables historiadores, que condenan por igual a franquistas e republicanos ou, mesmo, exculpan os franquistas.

En segundo lugar, cómpre lembrar que os consellos de guerra que actuaron durante a ditadura non poden ser considerados tribunais de xustiza en tanto que estaban constituídos polo poder executivo franquista, os militares que formaban parte deses consellos de guerra carecían dos atributos de independencia, obxectividade e imparcialidade que caracterizan os xuíces e nos procedementos xudiciais que entendían eses consellos de guerra vulnerábanse todas as garantías xudiciais. Eis a razón pola que non deben considerarse máis que como unha parte substancial do aparato represor dos sublevados e, xa que logo, pola que as súas sentenzas deben ser declaradas nulas.

Ese, non outro, é o camiño que cómpre andar cara á reparación, a recuperación da memoria histórica e a reconciliación.



 
Venres, 18 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 
English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República