05 Xuà 2008 |
Homenaxe a Manuel Sarille Lanceiro
|
Homenaxe a Manuel Sarille Lanceiro
Palabras en memoria de Manuel Sarille Lanceiro, Presidente da Asociación para a Dignificación das VÃtimas do Fascismo (falecido o 25 de maio de 2008), pronunciadas na multitudinaria homenaxe tributada polo pobo de Lugo o 28 de maio de 2008 Por Claudio RodrÃguez Fer
Como é sabido a enerxÃa non se crea nin se destrúe, soamente se transforma, e Manuel Sarille Lanceiro, que era pura enerxÃa, segue e seguirá existindo a través da súa muller Olga e do seu fillo Xosé Manuel, asà como dos descendentes destes; a través das súas obras, que foron moitas, e a través de todos os que o coñecemos, que somos moitos tamén. Para min, que vou falar del a través da memoria, será sempre o recreador d'A Pascua de Montecubeiro, sátira teatral en verso de tradición oral, publicada na revista Ólisbos nos anos noventa precisamente por iniciativa miña e logo representada e interpretada coa máxima graza polo propio Sarille en Montecubeiro nun acto multitudinario. Para min será tamén sempre o leal editor do libro Arximiro Rico. Luz dos humildes, vida e morte dun mestre republicano realizado polo seu fillo Xosé Manuel Sarille e polo noso común amigo Narciso de Gabriel, pois sempre mantivo viva a memoria e o agradecemento a quen fora seu mestre e a quen resultara tan vilmente asasinado. Por suposto, para min será igualmente sempre o informante e o protagonista da novela Polos fillos dos fillos, de Xosé Manuel Sarille, sobre a matanza acontecida en Montecubeiro en 1937, asà como o promotor do monólito a aquelas vÃtimas en colaboración co Concello de Castroverde, dúas das maiores satisfaccións da súa vida. Mais na súa existencia chea de compromisos e de loitas das que a miúdo daba testemuño escrito na prensa, onde por certo non lle publicaban todo o que enviaba, para min será ante todo o fundador e o presidente da Asociación para a Dignificación das VÃtimas do Fascismo.
Mais información na páxina da Asociación pola dignificación das VÃtimas do fascismo
|












