Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

21
Nov
2011
A nova faciana da memoria histórica

A nova faciana da memoria histórica

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Ana Rodríguez para "La Opinión de A Coruña"   

A nova faciana da memoria histórica

Fernando Souto substitúe a Manuel Monge á fronte da veterana comisión coruñesa




Socio fundador da comisión pola memoria histórica e fillo e sobriño de represaliados, Fernando Souto ten encontrado e escoitado moitos relatos de boca dos seus protagonistas. De San Pedro de Nós ás Atochas hai que convertir os silencios en fontes da historia.
"Non somos feos, non somos tan guapos como outros". É a única explicación que lle atopa Fernando Souto, o novo presidente da Comisión pola Memoria Histórica da Coruña, a que o Concello decidise retirarlle a axuda económica que recibían para desenvolver o seu traballo. Souto subtitúe á fronte da entidade ao histórico Manuel Monge, ao que non lle consentirán, di, que se retire. "Manolo segue e seguirá sempre", sentencia o coruñés que, como moitos dos seus compañeiros de agrupación, tamén ten a súa propia historia de silenzos e descubertas detrás como fillo e sobriño de represaliados.

Pode ser que non sexan "cómodos" e ve que esas axudas municipais seguen criterios demasiado "subxectivos". "Non se fixo desde a Xunta e agora tampouco se fai desde o Concello", lembra Souto, que advirte que é unha decisión que vai máis alá de que sexan do PP ou non: "Hai outros concellos do PP que si dan cartos, como en León ou en Aranga".

"Nós temos un ideal de modelo de cidade e de sociedade", di o novo presidente, socio fundador da comisión e que ate o de agora fora secretario do colectivo, que ten traballado arreo para que viran á luz ás historia da represión na Coruña, ás máis sonadas pero tamén as que afectaron a familias humildes de lugares como O Portiño, San Pedro de Nós, A Silva ou As Atochas.

Para Souto, non se trata só de mirar para o pasado: "Traballamos sempre con vistas ao futuro. É como se di, quen descoñece o seu pasado está condenado a repetilo". "Non buscamos enfrontamentos nin pelexa nin abrir feridas", engade o novo presidente, que pensa seguir no combate para que o rueiro da Coruña cambie segundo o lexislado e votado no pleno.

"Non é máis que cumprir e facer cumprir a lei", comenta, "e ademais foi algo que está aprobado nun pleno municipal". Cuestiona que exemplo se lle pode dar á mocidade con nomes, honores e distincións a persoeiros que signfician violencia e represión. Farán "todo tipo de actividades" e as mobilizacións que fagan falta para que o Concello coruñés se axuste á legalidade vixente. Como iso, tamén o pazo de Meirás, "un tema pendente para a sociedade coruñesa e galega". "Non se pode xa falar de donación, foi un roubo", afirma.

Obviamente, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica seguirá coa súa labor de escoitar a quen recorda porque, afirma, aínda hai historias que viven só na memoria dos que as viviron ou dos seus fillos. Souto explica que, grazas á difusión do seu traballo, son moitas as familias que xa motu proprio se poñen en contacto co colectivo para contarlles.

"Nós non somos científicos, non queremos poñer en contacto a esta xente cos historiadores". Así describe Fernando Souto o traballo de campo que levan facendo durante anos, como base de datos de fontes que despois poidan reconstruir a historia tal e como foi".






 
Venres, 18 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 
English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
sennomes.gif