Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

21
XuÃ
2011
Un monólito honra en Santa Mariña a vítimas do franquismo

Un monólito honra en Santa Mariña a vítimas do franquismo

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por El Progreso de Lugo   
Un monólito honra en Santa Mariña a vítimas do franquismo

«As sementes xermolaron xa. Ou voso sangue arrequeceu esta paisaxe. Formades parte de nós sempre». Ésas son algunhas das frases que se poden ler no monólito que se inaugurou onte no atrio da igrexa da parroquia guitiricense de Santa Mariña en honra ás vítimas do franquismo que foron ‘paseadas' e enterradas na zona.

Máis de medio centenar de persoas asistiu a este acto promovido pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e celebrado xunto á fosa dos republicanos represaliados, á beira do actual cemiterio municipal.

«Xa peregrinamos antes a este monumento, agora xa convertido en pedra para sempre», afirmou o párroco de Santa Mariña, Afonso Blanco, que participa no grupo de traballo da CRMH coruñesa. «Agradecémoslles a estas persoas que deran a súa vida por unha Galicia e uns pobos de España mellores e máis libres», engadiu.

Afonso Blanco recoñeceu tamén que «doe non coñecer vos seus nomes» e que hai que facer todo o posible por identificar os corpos enterrados na fosa de Santa Mariña para que «se faga xustiza e se lles poda dar un soterramento digno».

No transcurso do acto, dous veciños relataron o que recordaban, aínda sendo nenos, daquel día no que ‘pasearon' ás vítimas nun carro, así como o que lles contaron os seus familiares. Tamén houbo unha ofrenda floral ante o monólito, obra do escultor Xosé Val Díaz, ‘Valdi'.

O acto trasladouse despois ao campo da festa de Aranga, coa inauguración doutro monólito en homenaxe ás vítimas das fosas comúns dese municipio coruñés, limítrofe co de Guitiriz. Tras o acto oficial, que contou coa lectura de varios poemas, celebrouse unha cea de confraternidade e un festival no que actuaron A Quenlla, Os Tres Trebóns e Zënzar, para pechar unha xornada de homenaxe e recordo.




 
Venres, 18 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Déixame morrer no leito

soñando con froles dóuro

English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
sennomes.gif