Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

23
Xu
2008
III Roteiro da Vergoña, pola supresión da simboloxía franquista
PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Rubén Afonso   

III Roteiro da Vergoña, pola supresión da simboloxía franquista

SÁBADO, 5 DE XULLO DO 2008

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) convoca o “III Roteiro da Vergoña, pola supresión da simboloxía franquista”. Nesta convocatoria a reivindicación da supresión da simboloxía franquista terá un carácter lúdico e festivo, coa participación de músicos, artistas e xente da cultura.

O roteiro comezará ás 12 da mañá do sábado, 5 de xullo, na praza de Cánovas Lacruz e rematará na praza de Millán Astray. Na primeira das prazas -nun lateral do palacio de Capitanía Xeral- existe unha placa insólita nun país democrático: unha exaltación dun militar como Cánovas Lacruz, que dirixía a guarnición da Coruña que se levantou en armas contra o réxime constitucional e lexítimo da II República; un mal exemplo para as futuras xeracións, que non merece ningún tipo de recoñecemento social, senón o seu rexeitamento. Na praza de Millán Astray existe a única estatua en toda España dedicada a este militar, participante con Franco no levantamento militar de 1936; unha persoa que basea o seu discurso no “morra a intelixencia, viva a morte” non merece ningún tipo de lembranza, nin recoñecemento social.


A CRMH considera lamentable a actitude do alcalde da Coruña, que leva varios días cunha táctica de distracción e despiste, ocultando a cuestión de fondo: non ten vontade política para suprimir toda a simboloxía franquista da Coruña. Por iso non convoca un Pleno da Corporación para retirar ao Ditador Franco os títulos de “Fillo adoptivo e predilectísimo e Alcalde Honorario da Coruña”, aprobar o cambio de nome das rúas franquistas e a retirada de todas as placas e símbolos da ditadura, tal e como demandamos nun escrito que a CRMH enviou ao Alcalde o 31 de xaneiro.

Pensamos que o Alcalde da Coruña debe seguir o exemplo da alcaldesa de Palma de Mallorca, do PSOE, que leva ao Pleno a retirada de máis de 60 rúas franquista. Debe seguir o exemplo do Goberno Municipal de Barcelona, que acaba de levar a un almacén municipal a estatua de Franco, que estaba no castelo de Montjuic ; o exemplo de Fomento en Madrid, que leva a un almacén do ministerio a estatua ecuestre de Franco. Retrasar a retirada da estatua de Millán Astray, esperando a que rematen unhas obras de ampliación do museo militar, para levala alí, é unha proposta desafortunada, incomprensible e que non se atreve a facer o PSOE noutras cidades. A CRMH esixe a retirada inmediata da estatua de Millán Astray, o seu traslado a un almacén municipal e a súa fundición posterior.

A CRMH continuará coa mobilización cívica para rematar coa vergoñenta situación actual, que converte A Coruña na capital da simboloxía franquista.

Moitas grazas pola atención que nos dispensan. Reciban un cordial saúdo

A Coruña, 20 de xuño de 2008
Asdo. Rubén Afonso Lobato. Responsábel de Comunicación Tfno. 645029338



 
Venres, 18 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 
English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
sennomes.gif