Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

Log-in de Usuarios



As 15 últimas novas

Arquivo por Datas

29
Xu
2010
Manifesto pola III República

Manifesto pola III República

PDF Imprimir Correo-e
Escrito por CRMHdAC   

Manifesto pola   Terceira República



Modelo de moción a presentar nos Concellos a favor dun Proceso Constituínte pola Terceira República


De acordo co establecido na Lei de Réxime Local e o Regulamento Orgánico de Funcionamento das Administracións Locais, o Grupo Municipal de... eleva á consideración do pleno do Concello de ….......... a seguinte moción:


O CONCELLO DE .............. POR UN PROCESO CONSTITUÍNTE CARA Á III REPÚBLICA


PREÁMBULO


Os republicanos de toda condición, comprometidos cos ideais de Xustiza, Liberdade, Igualdade e Fraternidade, herdeiros do legado social, cultural e emancipador da II República, habemos de manifestar o noso máis firme rexeitamento ao modo en que a actual Constitución impón aos españois unha monarquía herdeira directa da ditadura de Franco. Así mesmo, non podemos aceptar que se furte á cidadanía a posibilidade de elixir a forma de Estado.


DECLARACIÓN DO CONCELLO DE ….................. CARA A UN PROCESO CONSTITUÍNTE POLA III REPÚBLICA.


Cidadáns/ cidadás:


No Estado español de hoxe, o réxime republicano sería o mellor marco para a defensa dos dereitos e liberdades democráticas, instrumento imprescindible para asegurar o autogoberno dos diversos pobos que compoñen o noso Estado e un medio para superar os límites que a economía capitalista impón ao desenvolvemento efectivo dos dereitos sociais.


O Concello de .............. fai un chamamento ao conxunto dos homes e mulleres para defender a memoria e os valores da república dos traballadores e traballadoras, da paz, a denunciar e combater con forza as diversas accións que pretenden denigrar a realidade do que foi a II República Española. Por iso propiciamos unha estratexia unitaria para apertura dun proceso constituínte. Chamamos a iniciar e desenvolver este movemento cívico e político de carácter converxente e unitario en todos os niveis organizativos, como xerme para a consecución da III República Española, sobre os seguintes alicerces:


1º.- En primeiro lugar, terá que vertebrarse a partir do recoñecemento dos dereitos humanos: civís, políticos, sociais e ambientais, deste xeito avanzaremos cara a unha sociedade de pleno emprego, con redución da xornada laboral e repartición do tempo de traballo, con desenvolvemento sustentable, con protección social plena e fiscalidade progresiva.


2º.- Expomos, no marco do modelo de estado republicano, a democracia radical e participativa, trátase de levar a democracia a ámbitos hoxe vedados, como a economía ou a cultura, así como profundar na democracia política.


3º.- Queremos rescatar o inmenso valor histórico, ético e político do artigo sexto da Constitución Republicana de 1931 para defender unha política de paz: “O Estado español renuncia á guerra como instrumento de política nacional”.


4º.- Apostamos por un modelo de estado inspirado nos valores do humanismo laico, que se asenta no principio da liberdade absoluta de conciencia. Hai que derrogar o inadmisible Concordato subscrito co Vaticano fai tres décadas e liberar á escola pública do adoctrinamiento da relixión católica.


5º.- Está o valor da austeridade, entendido como a racionalidade e a sintonía entre as necesidades sociais e as achegas orzamentarias e de infraestruturas necesarias.


6º.- A situación política proba a necesidade de construír un Estado federal republicano e solidario que supere a denominada “España das autonomías”. Os territorios federados, para a construción do novo Estado, aceptarán como patrimonio común de todos o sete eixos que desenvolven a proposta republicana. O desenvolvemento lexislativo corresponderá ás Cortes Xerais da República e o desenvolvemento executivo ao Goberno Federal. O Estado terá tres administracións: a Xeral, a de cada federación e a municipal, avanzaremos cara á comarcalización de cada federación. Na atribución e execución das competencias terase en consideración o principio de subsidiariedad.


7º.- Pretendemos construír a Terceira República Española no marco dunha Europa federal a partir do impulso dun auténtico proceso constituínte europeo.


ACORDOS


PRIMEIRO.- O Concello de .............. constitúese en Comisión Promotora da III República, como xa fixeron e avalaron os Plenos doutros Concellos, para impulsar un proceso constituínte cara á República, utilizando todos os mecanismos democráticos e pacíficos que prevé a Constitución Española nos seus artigos do 166 ao 169.


SEGUNDO.- Facer chegar a presente iniciativa ás Cortes Xerais, ás Comunidades Autónomas e aos Concellos, así como á Unión Europea e á Comunidade Internacional para o seu recoñecemento e estudo, para que transcorra polas canles democráticas, e para que se fagan eco as institucións constitucionalmente competentes.


TERCEIRO.- Declaramos esgotado o modelo de Estado actual, e chamamos á cidadanía a demandar a reforma da Constitución, e a convocatoria dun referendo, onde sexan os cidadáns e as cidadás os e as que decidan




 
Venres, 18 Maio 2012
Descarga o folleto Camarada Fraga e as Vitimas da Represión Franquista

Videocanle da CHRMdC en Vimeo
Páxina oficial en Facebook Páxina oficial en Twitter Galería de imaxes en  Picasa Sindicación RSS

Homenaxe a Manual Ponte Pedreira

Descarga o programa sobre Memoria Histórica

Poemas da Memoria

Un-ha noite, noite negra,

Com´os pesares qu´eu teño,

Noite filla das sombrisas

Alas que estenden os medos;

 
English Chinese (Simplified) French German Spanish Catalan
Descargue as listaxes de nomes dos represaliados e colabore na súa actualización

Proxecto Nomes e Voces

Vai pola túa vila de caza pescudando a simboloxía franquista que aínda queda.
Manifesto pola  Terceira República
sennomes.gif