Así mercaron o pazo de Meirás. O caso do concello de Carral. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) leva anos explicando que o pazo de Meirás foi mercado cos cartos conseguidos por tres procedementos: 1. Obrigando a traballadoras e traballadores a aportar unha parte da súa nómina. 2. Colectas polos concellos, visitando as casas dos veciños. 3. Aportacións dos concellos ( o de Oleiros entregou 9.000 pesetas). En todos os casos existían ameazas e coaccións; Todos coñecían a criminal represión da ditadura franquista e sabían que negarse a esas peticións podería traer graves consecuencias. Estamos, xa que logo, ante un auténtico roubo, que xustifica totalmente a petición que fai a CRMH de devolución do pazo de Meirás ao patrimonio público. Imos explicar como se recadaron eses cartos no concello de Carral. Conseguimos esta documentación, que está nos arquivos dese concello, grazas á colaboración da Asociación Cultura Aberta de Carral. Arquivo " Así mercaron o Pazo de Meirás", en formato PDF |
|
Ler máis...
|
Impreso que hai que encher para sumarse á "Querela arxentina: Xenocídio Franquista"
Abaixo pegamos o impreso que hai que encher por cada persoa que teña intención en sumarse á "Querela Arxentina: Xenocídio franquista", unha iniciativa impulsada pola xuíza federal arxentina María Servini de Cubría contra os crimes de lesa humanidade do franquismo, diante da xustiza arxentina. O devandita xuíza ten pensado viaxar ao estado español en xuño e setembro deste ano, para tomar declaración a todas as persoas que desexen declarar de calquera delito do que teñan noticia, ben sexa na súa família, ou na súa contorna. Se vostede está disposta a declarar, en ben da xustiza universal, denunciando calquera delito que o réxime franquista cometera, e do cal vostede teña noticia, non dubide en encher este impreso, e escribir a calquera dos dous avogados arxentinos que están persoados na causa no estado español. Os seus enderezos electrónicos son:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Tamén pode chamar ao teléfono 645029338, ou escribir ao enderezo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
, que son os puntos de contacto coa CRMH da Coruña. Todo isto, pregamos que o faga antes do remate do mes de maio, para facilitar así a axenda da xuíza María Servini de Cubría, que é quen se vai desprazar aos consulados arxentinos para tomar a declaración a todas e cada unha das persoas que se sumen á querela.
|
|
Ler máis...
|
Preme na imaxe para descargar o boletín periódico da CRMH correspondente aos meses de Xaneiro a Abril do ano en curso.
|
A Xunta de Galicia dedica 23.000 euros para pagar a seguridade da familia do ditador Franco no pazo de Meirás. Segundo informa o Secretario Xeral de Cultura ao Valedor do Pobo A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) enviou unha queixa ao Valedor do pobo en setembro de 2011 sobre o peche do pazo de Meirás no mes de agosto, cousa que non está prevista na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Arturo Seeber para "lqsomos"
|
|
| |
Entrevista ao avogado arxentino Carlos Slepoy, promotor do proceso contra os crimes do franquismo en Arxentina "Non hai posibilidade de xustiza en España"
Os delitos cualificados de xenocidio e crimes de lesa humanidade pertencen á xurisdición internacional; é dicir, que máis aló do país no que se producisen, poden ser xulgados en calquera tribunal do mundo. Entender por delito de xenocidio aquel que vai dirixido ao exterminio sistemático dun pobo ou un sector da poboación por causa da súa raza, relixión ou ideoloxía. Son crimes de lesa humanidade, entre outros, a tortura, o exilio forzado, o secuestro, a desaparición de persoas, os roubos de nenos... Todos estes actos, perpetrados durante a Guerra Civil española e durante toda a ditadura franquista, foron amplamente demostrados por investigadores serios e por testemuñas aínda vivas. Fronte á "equidistancia" que algúns, interesadamente, propoñen sobre a evidencia de que delitos se cometeron durante a guerra en ambos os bandos, convén puntualizar dúas cousas: primeiro, que a responsabilidade inicial tívoa o grupo de militares rebeldes que, ao sublevarse contra a República, provocaron unha guerra, inxusta e ilegal, que durou case tres anos. En segundo lugar, que os responsables do bando republicano xa foron amplamente castigados, en tanto na represión do Réxime durante a guerra e a posguerra (só ao longo desta asasinaron a un cento cincuenta mil persoas) continúa impune.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por S. Dapena para "El Ideal Gallego"
|
|
| |
A causa arxentina contra o franquismo busca novos apoios entre os coruñeses
 A psicóloga, do colectivo "Buscadores de Xustiza", perdeu a un tío-avó no franquismo. A causa contra o franquismo en Arxentina segue o seu curso sen dificultade despois de que os avogados Ana Messuti e Carlos Slepoy, xunto con algúns afectados como Darío Rivas, conseguisen que a xustiza do país admitise a trámite a querela en 2010. A dous meses de que a xuíza que se encarga do caso, María Servini de Cubría, visite España para solicitar testemuños directos sobre a represión, a psicóloga Noemí Fernández Durán visita A Coruña para sumar novas adhesións de demandantes á causa.
|
|
Ler máis...
|
Querela arxentina: Xenocidio franquista
A Querela Arxentina: Xenocidio franquista, que tramítase no Xulgado da Doutora María Romilda Servini de Cubría, foi presentada diante da Xustiza Arxentina o 14 de abril de 2010. Responde ao principio de Xustiza Universal, o mesmo no que baseóuse a Xustiza do Estado español, a través do Xuíz Garzón, para xulgar os delitos de Lesa Humanidade ou de Xenocidio cometidos na Arxentina, así como tamén en Chile a Pinochet.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Juanma Romero para "Público"
|
|
| |
O elefante que espiu ao rei A cazaría de Bostsuana abre con forza o debate sobre o futuro da Coroa. Os expertos consideran que a viaxe e o perdón real supoñen un punto de inflexión que estimulará os cambios na máxima institución do Estado. A Zarzuela asegura que "continuará e intensificará" a súa política de transparencia
A familia real, sen os duques de Palma, pousa á saída da misa do domingo de Resurrección en Palma, o pasado 8 de abril, un día antes de que o monara puxese rumbo a Botsuana.A todo perdón sucédelle a penitencia. É o que ordena a tradición cristiá, así que é razoable esperar que a unha familia que non rompeu xamais os seus lazos umbilicais coa Igrexa católica cumpra co designio divino. É de esperar, por tanto, que ao rei, á monarquía, pasado o momento do arrepentimento e a contrición, caducado o efecto balsámico da rectificación, tóquelle agora librar tal contenda, aplicarse ao sacrificio e ao propósito de emenda. Ao cambio e a reconversión hoxe xa ineludibles.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Terra Noticias / EFE
|
|
| |
Ex presos franquistas viajana a Arxentina para testificar ante a xuíza Servini Un grupo de ex presos do franquismo viaxa hoxe a Buenos Aires para testificar ante a xuíza arxentina María Servini de Cubria na querela aberta por xenocidio ou delitos de lesa humanidade cometidos durante esa etapa en España.Segundo dixo a Efe José Galante Serrano, membro do colectivo A Comuna -integrada por persoas que combateron contra o franquismo na súa última etapa, desde os anos 60 e que sufriron cárcere, exilio, clandestinidade e outras represalias- son catro ex presos os que voan hoxe á capital arxentina.
|
|
Ler máis...
|
A CRMH celebra o 14 de abril.
Mariví Villaverde, Republicana de Honra 2012

De esquerda a dereita, Manuel Monge, Marga Romero, Fernando Souto, Mimí Fernández Durán, Rubén Afonso, Mariví Villaverde, Pilar Vázquez, Maite López Casás, Maite Martínez, Francisco Pillado e Iñaki Bergaretxe.Quén ía decirlle a calquera das máis de 600 vítimas do franquismo na Coruña que, máis de setena anos despóis seríalle rendido multitude de homenaxes? Cómo poderían saber esas persoas asasinadas polo franquismo que o seu nome estaría marcado na pedra dun Memorial e na mente e no corazón de moitas outras persoas que a lembran como exemplo de loita pola liberdade?
|
|
Ler máis...
|
|